A capela (do italiano a cappella que significa "como na capela" [a kapˈpɛlla]) é o xeito de crear música unicamente a través da voz humana xerando os sons, o ritmo, a melodía e a harmonía necesarias sen necesidade de ningún tipo de instrumento musical.
Orixe
A música a capela é música vocal sen acompañamento instrumental. Provén das restricións no uso de instrumentos musicais en igrexas cristiás desde a introdución do canto gregoriano ata ben entrado en medievo.
A música a capela utilízase adoito en música sacra. O canto gregoriano é o exemplo máis claro de música a capela, do mesmo xeito que a maioría da música vocal sacra do Renacemento. O madrigal foi tamén unha forma de canto a capela, ata que a comezos do Barroco se lle engadiron diferentes instrumentos. Os Amish, as igrexas de Cristo, congregacións bautistas primitivas, a maioría das congregacións da igrexa católica e os cristiáns ortodoxos do Leste (principalmente rusos e outros grupos eslavos) son corpos relixiosos coñecidos por realizar os oficios sen acompañamento musical. A arpa sacra, un tipo de música "popular" relixiosa, é tamén un estilo de canto a capela. Durante os anos 80, tivo maior pulo entre os grupos relixiosos o uso de agrupacións vocais como entretemento.
Historia
Desde a descuberta dos primeiros aparellos para gravar son, as gravacións de música a capela son infinitas. A invención do magnetófono na década dos corenta chegou acompañada da época dourada dos grupos vocais estadounidenses cun gran número de estilos desenvolvidos desde os campos de algodón dos escravos, cos seus "gospel". Blues, scat, jazz, beeboop, rock and roll, doo wop, surf e un longo etcétera son estilos dos anos 40,50 e 60. Desde os anos 80, incitado polo éxito de cancións de artistas como Bobby McFerrin, Boyz II Men, Flying Pickets, Neri per Caso, Vocal Siete, Rockapella, etc., esta forma de música colleu un auxe importante.
Os arranxos da música popular para os pequenos conxuntos a capela inclúen xeralmente unha voz que canta a melodía principal, unha que canta sobre unha liña de baixo, e que marca o ritmo, e as voces restantes, que contribúen ao acompañamento en forma de harmonía acorde, que se chama coro. Con todo, moitos grupos a capela contemporáneos adoptaron outros métodos, incluíndo polifonía e o beatbox ou percusión vocal, que consiste nunha caixa de ritmos producida coa boca ou a imitación dunha batería, percusión menor, pratos, etc.
Tamén xurdiron bandas de música a capela en xéneros de música máis populares, como Van Canto, que combina os seus propios temas con versións a capela de clásicos do heavy metal.
En 2009 xurdiu o grupo The Voca People orixinario de Israel, que combina o canto a capela con beatboxing.[1]
En 2015 o grupo a capela estadounidense Pentatonix gañou un Grammy ao mellor arranxo instrumental ou a capela polo seu tema 'Daft Punk'.[2] Isto supuxo un grande avance no recoñecemento da música a capela no ámbito contemporáneo.
Notas
Notas
Wikiwand in your browser!
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.