A Terraza é un edificio situado nos Xardíns de Méndez Núñez da Coruña.
A Terraza | |
---|---|
Edificio | |
Localización | Xardíns de Méndez Núñez 15001, A Coruña[1] |
Coordenadas | 43°22′03″N 8°24′07″O |
Uso(s) | Sede de RTVE |
Remate | 1922 |
Dimensións | |
Plantas | 4 |
Equipo | |
Arquitecto(s) | Antonio de Mesa, Pedro Mariño |
[ editar datos en Wikidata ] |
En 1919 decidiuse ampliar o quiosco de madeira situado no lugar da Terraza. Con este motivo, Manuel Fernández Cando adquiriu a concesión. O proxecto inicial foi de Antonio de Mesa, modificado polo director de obras, Pedro Mariño.
O 21 de xaneiro de 1920 o concello devolveu os planos tras decidir que era preferible a construción dun edificio novo en lugar de reformar o xa existente, que foi trasladado a Sada o ano seguinte. O novo proxecto de Antonio de Mesa foi aprobado finalmente e a obra realizouse entre 1921 e 1922. A inauguración tivo lugar o 30 de xuño de 1922, cun concerto dun sexteto dirixido polo violinista Corvino.
O edificio é de estilo ecléctico, realizado en cemento armado. Consta dun cadrado central con dúas ás. A ornamentación é abundante e o edificio está coroado con torres.[2]
Durante o Franquismo o edificio foi sede dos estudios de Radio Nacional (ata 1943)[3][4] e sede da delegación sindical de FET-JONS.[5]
Dende 1985 no edificio está a delegación de RTVE.[6] En 2022 foi escollida como sede da Axencia Española de Supervisión da Intelixencia Artificial [7]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.