filme de 2018 dirixido por John Krasinski From Wikipedia, the free encyclopedia
A Quiet Place é un filme estadounidense de ciencia ficción dirixido por John Krasinski, que tamén é o protagonista a carón da súa muller na vida real, Emily Blunt. O filme foi producido por Platinum Dunes. Scott Beck e Bryan Woods comezaron a traballar na historia en 2014, e Paramount Pictures mercou o seu guión en 2017. Krasinski uniuse ó proxecto como director e escribiu unha nova versión do guión. A fotografía principal tivo lugar ese ano no estado de Nova York. En A Quiet Place, unha familia debe vivir en silencio mentres se agocha de criaturas extraterrestres que os cazan polo son.
A Quiet Place | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | A Quiet Place |
Director | John Krasinski |
Produtor |
|
Guión |
|
Intérpretes |
|
Música | Marco Beltrami |
Fotografía | Charlotte Bruus Christensen |
Montaxe | Christopher Tellefsen |
Estudio | Platinum Dunes |
Distribuidora | Paramount Pictures |
Estrea | SXSW: 9 de marzo de 2018 6 de abril de 2018 |
Duración | 90 minutos[1] |
Orixe | Estados Unidos |
Xénero | Terror |
Orzamento | $17–21 000 000[2][3] |
Recadación | $332 600 000[4] |
Filme seguinte | A Quiet Place Part II |
Na rede | |
http://www.paramount.com/movies/quiet-place | |
|
A Quiet Place estreouse en South by Southwest o 9 de marzo de 2018, e estreouse nos Estados Unidos o 6 de abril de 2018, por Paramount Pictures. Converteuse nun grande éxito comercial, recadando $332 millóns en todo o mundo, e recibiu a aclamación da crítica, que louvou a súa orixinalidade e atmosfera, así como as actuacións, dirección e deseño de son, chamándoo un "intelixente, malvadamente arrepiante bo tempo."[5] A secuela estreouse o 28 de maio de 2021.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.