A Ameixeira, Crecente
parroquia civil do concello de Crecente From Wikipedia, the free encyclopedia
San Bernabeu da Ameixeira é unha parroquia que se localiza no norte do concello de Crecente na comarca da Paradanta. Segundo o padrón municipal de 2013 tiña 114 habitantes (56 homes e 58 mulleres), distribuídos en 9 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 119 habitantes.

Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: A Ameixeira.
A Ameixeira | |
---|---|
![]() Igrexa parroquial | |
Concello | Crecente[1] |
Provincia | Pontevedra |
Coordenadas | 42°12′48″N 8°13′20″O |
Poboación | 114 hab. (2013) |
Entidades de poboación | 11[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
O castro do Cerco está situado enriba do lugar de Bouzas. Atópase sen escavar sobre unha elevación con foxos e murallas.
A parroquia limita ao norte co concello da da Cañiza. Está bañado polo río Ribadil, e o lugar máis alto é o monte de Picoña, de 647 metros, en torno ao cal se reparten as entidades de poboación. A economía baséase na gandería e o pastoreo.
Historia
A Ameixeira dependía eclesiasticamente da capela de San Colmede, anexo de Filgueira. Co derrubamento deste templo para aproveitar as pedras na construción da actual igrexa parroquial de Filgueira, A Ameixeira constituíuse como parroquia no século XVIII após reclamación dos veciños.[2][3]
Lugares e parroquias
Lugares da Ameixeira
Lugares da parroquia da Ameixeira no concello de Crecente (Pontevedra) | |
---|---|
A Aldea de Arriba | A Ameixeira | As Bouzas | A Chabola | Os Mouros | Os Padrosos | Paredes | Os Reinaldos | O Retiro | As Ribas | San Colmede |
Parroquias de Crecente
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.