lugar da parroquia de Galdo, no concello de Viveiro From Wikipedia, the free encyclopedia
A Abelleira é un lugar da parroquia de Galdo, no concello lugués de Viveiro, na comarca da Mariña Occidental. Segundo o IGE en 2013 tiña 16 habitantes (7 homes e 9 mulleres), o que supón un aumento con respecto ao ano 1999 canto tiña 15 habitantes.
A Abelleira | |
---|---|
Parroquia | Galdo |
Concello | Viveiro |
Coordenadas | 43°37′01″N 7°38′15″O |
Poboación | 16 hab. (2013) |
[ editar datos en Wikidata ] |
Está situado entre dúas pontes do río Bravos, ao pé do monte Castelo. Está atravesado polo rego da Veiga. Limita ao sur coa Devesa, ao sueste con San Miguel e A Corredoira, e ao norte con Fornela.
Ten un depósito de auga e unha capela da Nosa Señora de Belén, na que cada 6 de maio se celebra misa con procesión. Antigamente tivo un colexio de seu, dúas tabernas, un salón de baile (reconvertido en vivenda) e un muíño (actualmente en ruínas).
Lugares da parroquia de Galdo no concello de Viveiro (Lugo) | |
---|---|
A Abelleira | O Acido | Altamira | A Amarelá | Baralla | O Batán | A Beira do Río | Borreiros | O Carballo | Casanova | Catarou | O Cerdeiral | A Corredoira | O Cotelo | O Cristo | A Devesa | As Engrobias | Ermosende | Figueiroa | Fornela | Guistilán | A Igrexa | A Insua | A Lagoa | Lama Redonda | Malló | Montecelo | Monteiros | Mourence | Orade | O Outeiro | A Painceira | A Parraguesa | O Pé da Ruba | As Pedrosas | Penahedrá | As Penas | A Peteira | O Pontigo | Portochao | Quistilán | A Rega | O Rego da Cova | O Rego de Castro | Requeixo | San Marcos | San Martiño | San Miguel | A Santeira | Sobrevila | Souto | A Trabe | Tras da Feira | O Valado | Vilar | Xabariz | Ximarreira |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.