From Wikipedia, the free encyclopedia
Os elementos ricos en adenilato-uridilato ou elementos ricos en AU (ou AREs, do inglés AU-rich elements) son secuencias de ARN que se encontran nas rexións 3' UTR de moitos ARN mensaxeiros que codifican protooncoxenes, factores de transcrición nuclear, e citocinas. Os elementos ricos en AU son un dos determinantes máis comúns da estabilidade do ARN en células de mamíferos.[1]
Un elemento ricos en AU defínese como unha rexión dun ARNm con abundancia das bases adenina e uridina. Xeralmente marcan o ADN para a degradación.[2][3] A degradación do ARN dirixida polos elementos ricos en AU está influenciada por moitos factores exóxenos, como a presenza de ésteres forbol, ionóforos de calcio, citocinas, e inhibidores da transcrición.[1] Estas observacións suxiren que os elementos ricos en AU xogan un papel crítico na regulación da transcrición xénica durante o crecemento celular e diferenciación, e a resposta inmunitaria.[1]
Os elementos ricos en AU divídense en tres clases con diferentes secuencias. A mellor caracterizada é a dos elementos ricos en AU que teñen unha secuencia central de AUUUA dentro de secuencias ricas en U (por exemplo WWWU(AUUUA)UUUW, onde W é A ou U). Isto encóntrase dentro dunha secuencia de 50-150 bases, e a miúdo se requiren repeticións da secuencia central AUUUA para que funcionen.
Varias proteínas (por exemplo, HuA, HuB, HuC, HuD e HuR) únense a estes elementos e estabilizan o ARNm mentres que outras (AUF1, TTP, BRF1, TIA-1, TIAR, e KSRP) destabilízano; os miARNs poden tamén unirse a algúns deles.[4] A proteína HuD (tamén chamada ELAVL4) únese aos elementos ricos en AU, aumentando a vida media dos ARNm que teñen estes elementos nas neuronas durante o desenvolvemento e plasticidade do cerebro.[5]
AREsite é unha base de datos para os xenes que conteñen elementos ricos en AU ou AREs que foi desenvolvida recentemente co obxectivo de fornecer información sobre a caracterización bioinformática detallada de elementos ricos en AU.[6]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.