A Associació Esportiva Prat é un club de fútbol de España, da cidade de El Prat de Llobregat, na provincia de Barcelona. Foi fundado en 1945 e actualmente xoga na Segunda División B Española.
AE Prat | |||
---|---|---|---|
Nome | Associació Esportiva Prat | ||
Fundación | 1945 | ||
Estadio | Municipal Sagnier, El Prat de Llobregat, Barcelona, España | ||
Capacidade | 1.000 | ||
Presidente | Luis Quiñonero | ||
Adestrador | Agustín Vacas | ||
Liga | 2ªB - Grupo 3 | ||
2015–16 | 1º (Terceira División) | ||
Na rede | |||
http://www.aeprat.com/ | |||
| |||
Historia
Os primeiros clubs de fútbol do Baix Llobregat foron clubs de afeccionados. Foi cara aos anos 30 cando apareceron a Peña Gol e a Peña Merengues e os dous primeiros clubs de certa relevancia, o Club Deportiu Prat (1934) e o CD Internacional (1935). Ambas as entidades fusionáronse o ano 1939 por iniciativa de Rafael Mas, dando lugar á Unió Deportiva Prat, que no seu primeiro ano de vida gañou o Campionato de Cataluña Afeccionado. Pero o seu éxito foi a súa morte, xa que se desmantelou o equipo e o club acabou desaparecendo.
O 7 de febreiro de 1945, naceu o actual Associació Esportiva Prat baixo a presidencia de Josep Aleu Torres.
O 10 de xuño de 1984, o equipo consegue o primeiro ascenso a Terceira División, logo de tres ascensos consecutivos.
Na tempada 2011/12 proclámase campión do grupo V da Terceira División e xoga o play-off de campións. O 27 de maio de 2012 consegue o primeiro ascenso a Segunda División B tras derrotar por 2-0 na volta ao Atlético Sanluqueño.
O 29 de agosto do mesmo ano estréase na Copa do Rei na que consegue chegar á terceira rolda tras eliminar ao Gimnàstic de Tarragona no Municipal Sagnier (2-1) e ao Real Oviedo no Carlos Tartiere nos penaltis (4-5 despois dun 0-0 no tempo regulamentario). En terceira rolda foi eliminado pola UE Llagostera (2-3).
O seu paso pola categoría de bronce durou dúas tempadas, descendendo novamente en 2014. Na tempada 2015/16 proclámase campión de Terceira. O 29 de maio consegue novamente o ascenso a Segunda División B logo de gañar 3-1 no Sagnier e perder 1-0 na volta contra o Osasuna B.
Datos do club
Historial na liga
Palmarés
Véxase tamén
Ligazóns externas
- Sitio web oficial (en catalán)
Wikiwand in your browser!
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.