From Wikipedia, the free encyclopedia
A Asociación de Estados Iberoamericanos para o Desenvolvemento das Bibliotecas Nacionais de Iberoamérica (ABINIA) é a asociación de bibliotecas nacionais de Iberoamérica. Fundada en México o 14 de decembro de 1989 como a Asociación de Bibliotecas Nacionais de Iberoamérica, cambia ao seu actual nome en 1999, mantendo as súas siglas orixinais. As linguas oficiais da ABINIA son o español e o portugués. Os seus obxectivos son recompilar información dos seus integrantes; realizar xestión sobre a importancia de preservar o patrimonio bibliográfico; adoptar estratexias, políticas e capacitación na preservación das coleccións; adoptar medidas técnicas de control bibliográfico e intercambio de materiais, elaborar fontes de referencia nacionais e rexionais; vincular as bibliotecas nacionais e rexionais.
ABINIA | |
---|---|
Acrónimo | ABINIA |
Tipo | associação bibliotecária |
Campo de traballo | biblioteca nacional |
Na rede | |
[ editar datos en Wikidata ] |
A súa estrutura é:
País | Nome | Ano de creación |
---|---|---|
Arxentina | Biblioteca Nacional da Arxentina | 1810 |
Bolivia | Biblioteca Nacional de Bolivia | 1825 |
Brasil | Biblioteca Nacional do Brasil | 1810 |
Colombia | Biblioteca Nacional de Colombia | 1823 |
Costa Rica | Biblioteca Nacional Miguel Obregón Lizano de Costa Rica | 1888 |
Cuba | Biblioteca Nacional José Martí de Cuba | 1901 |
Chile | Biblioteca Nacional de Chile | 1818 |
Ecuador | Biblioteca Nacional de Ecuador | ND |
España | Biblioteca Nacional de España | 1712 |
Guatemala | Biblioteca Nacional de Guatemala | 1879 |
Honduras | Biblioteca Nacional de Honduras | 1880 |
México | Biblioteca Nacional de México | 1833 |
Nicaragua | Biblioteca Nacional Rubén Darío de Nicaragua | 1880 |
Panamá | Biblioteca Nacional Ernesto J. Castillero R. de Panamá | 1942 |
Paraguai | Biblioteca Nacional de Paraguai | 1887 |
Perú | Biblioteca Nacional do Perú | 1821 |
Portugal | Biblioteca Nacional de Portugal | 1796 |
Porto Rico | Biblioteca Nacional de Porto Rico | 1967 |
República Dominicana | Biblioteca Nacional da República Dominicana | ND |
O Salvador | Biblioteca Nacional do Salvador | 1870 |
Uruguai | Biblioteca Nacional do Uruguai | 1815 |
Venezuela | Biblioteca Nacional de Venezuela | 1833 |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.