Abram Piatt Andrew, nado en La Porte, Indiana, o 12 de febreiro de 1873 e finado en Gloucester, Massachusetts, o 3 de xuño de 1936, foi un economista e político estadounidense, fundador do American Ambulance Field Service durante a primeira guerra mundial, membro da Cámara de Representantes e director da Casa da Moeda dos Estados Unidos.

Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
Modelo:BiografíaA. Piatt Andrew
Thumb
A. Piatt Andrew ca. 1920
Director da Casa da Moeda dos Estados Unidos
(1909-1910)
Membro da Cámara de Representantes
(1921-1936)

Biografía
Nacemento(en) Abram Piatt Andrew, Jr. Editar o valor en Wikidata
12 de febreiro de 1873
La Porte.
Indiana.
Morte3 de xuño de 1936 (63 anos)
Gloucester.
Massachusetts.
Causa da morteGripe.
Membro da Cámara de Representantes dos Estados Unidos
Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidade Estadounidense
Educación Universidade de Princeton
Universidade Harvard
Actividade
Lugar de traballo Washington, D.C. Editar o valor en Wikidata
OcupaciónEconomista, político e alto funcionario.
EmpregadorUniversidade Harvard Editar o valor en Wikidata
Partido políticoPartido Republicano Editar o valor en Wikidata
Membro de
Carreira militar
ConflitoPrimeira guerra mundial Editar o valor en Wikidata
Familia
PaiAbram Piatt Andrew Editar o valor en Wikidata
Premios
Sinatura Thumb

Descrito pola fonteIndiana Authors and Their Books, 1917-1966 (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Find a Grave: 7924669 Editar o valor en Wikidata
Pechar

Traxectoria

Primeiros anos e formación

Andrew naceu en La Porte, no condado do mesmo nome, Indiana, o 12 de febreiro de 1873.[1][2][3]

Logo de estudar en diversas escolas públicas e na Lawrenceville School, graduouse na Universidade de Princeton en 1893, e continuou os seus estudos na Harvard Graduate School of Arts and Sciences, onde acadou o grao de mestrado en 1893 e o doutoramento en 1900.[3][4] Posteriormente realizou estudos de posgrao nas universidades de Berlín e París.[1][5]

Carreira como economista

Andrew trasladouse a Gloucester, Massachusetts, e exerceu como profesor axudante de Economía na Universidade Harvard entre 1900 e 1909.[1][3][5]

En xaneiro de 1907 publicou un artigo que anticipaba o pánico económico que se produciu en outono dese ano. Grazas a este artigo e á súa sólida formación en economía, foi seleccionado para formar parte da Comisión Monetaria Nacional, encargada da reforma do sistema bancario estadounidense. Andrew colleu unha licenza en Harvard e pasou dous anos estudando os bancos centrais de Alemaña, o Reino Unido e Francia. Desde o 1 de novembro de 1909 ata xuño de 1910 ocupou a dirección da Casa da Moeda dos Estados unidos, e entre 1910 e 1912 foi nomeado subsecretario do Tesouro.[1][3] Tamén asistiu á histórica reunión de Jekyll Island en 1910,[4] en cuxas conclusións se recomendaba a creación do Sistema da Reserva Federal dos Estados Unidos.[6]

Co cambio de administración producido en 1912 ao perder a presidencia o Partido Republicano, Andrew foi cesado nos cargos que ocupaba naquel momento e pasou a colaborar de xeito informal co senador demócrata Robert Latham Owen na redacción da proposta deste último dun proxecto de lei da Reserva Federal, que era próximo á lei que finalmente se aprobou e entrou en vigor en decembro de 1913.[7]

Fundador do American Field Service

Malia a neutralidade estadounidense na primeira guerra mundial, Andrew desprazouse a Francia cando estoupou a guerra no verán de 1914. Nunha carta escrita aos seus pais manifestaba que pretendía "ter unha parte, aínda que fose infinitesimal, nun dos maiores acontecementos de toda a historia [,,,] e sobre todo a oportunidade de facer o pouco que se poida por Francia".[8]

Thumb
A. Piatt Andrew cunha ambulancia do American Field Service

Andrew foi condutor de ambulancias no sector de Dunkerque durante unhas semanas, mais o seu supervisor no Hospital Militar Estadounidense recoñeceu as súas capacidades e creou para el o novo cargo de inspector xeral do Servizo de Estadounidense de Ambulancias. Desde ese posto, Andrew percorreu as seccións de ambulancias do norte de Francia e foi coñecedor de que os voluntarios estadounidenses se sentían infravalorados ao faceren os seus traslados de feridos desde as cabeceiras de ferrocarril ata os hospitais, moi lonxe da fronte de guerra.[8]

En marzo de 1915, Andrew reuniuse co capitán Aime Doumenc, xefe do Servizo de Automóbiles do Exército Francés, e defendeu os seus argumentos a prol dos voluntarios estadounidenses, que afirmou que desexaban "recoller os feridos na fronte [...], ollar o perigo de fronte; nunha palabra, mesturarse cos soldados de Francia e compartir o seu destino". Doumenc aceptou facer unha proba e o éxito da Sección Z de Andrew foi manifesto e inmediato. O 15 de abril de 1915, o Servizo de Ambulancias Estadounidense (American Ambulance Field Service), creado polos franceses, operaba baixo o mando do exército francés.[8]

Andrew dirixiu esta organización —axiña coñecida coa denominación abreviada American Field Service (AFS)— durante toda a guerra, aínda que o seu papel cambiou notablemente cando as seccións de ambulancias foron asumidas polo exército dos Estados Unidos a finais do verán de 1917. Andrew creou entón unha organización nacional con sede en Boston para recrutar xente nova interesada en conducir ambulancias, e para recadar fondos mediante doazóns particulares. A oficina nos Estados Unidos estaba dirixida por Henry Davis Sleeper, co que colaboraban Henry Hays Hammond e o antigo condutor de ambulancias Leslie Buswell. A entidade posuía tamén unha oficina en Francia, sita na rúa Raynouard, en París.[8]

Thumb
A. Piatt Andrew co uniforme de tenente coronel.

No momento da militarización, o American Field Service chegara a formar 34 seccións de ambulancias, conducidas por 1.200 voluntarios estadounidenses. Ademais, tamén creou 14 seccións de camións con outros 800 voluntarios estadounidenses que transportaban subministracións e soldados pola Voie Sacree desde Bar-le-Duc ata Verdún e outras rutas, ata a fronte.[8][9]

O lema do AFS era Tous et tout pour France ("Todos e todo para Francia"). Nunha reunión desta entidade celebrada poucos anos despois, Andrew dixo: "A oportunidade de vivir en Francia, como vivimos os estadounidenses durante os primeiros anos da guerra [...] levounos a albiscar a natureza humana despoxada de si mesma, exaltada polo amor á patria; cantando e bromeando no medio das penurias, sorrindo á dor, mesmo sen lembrar a morte".[10]

No exército estadounidense, acadou o grao de comandante en setembro de 1917 e ascendeu a tenente coronel en setembro de 1918.[1]

Andrew foi nomeado oficial da Lexión de Honra en 1927.[11] Tamén recibiu a medalla de servizo distinguido do exército dos EEUU, polo seu servizo na primeira guerra mundial.[12] Ademais, recibiu o título de oficial da Orde de Leopoldo de Bélxica e foi galardoado coa Cruz de Guerra de nomeado cabaleiro da Lexión de Honra en 1917 polo Goberno francés.[13]

Carreira política

Andrew foi elixido como representante polo Partido Republicano no 67º Congreso dos Estados Unidos, inicialmente para cubrir a baixa causada pola dimisión de Willfred W. Lufkin, e logo resultou reelixido durante os sete períodos seguintes. Ocupou este posto desde o 27 de setembro de 1921 ata a súa morte.[1][3][5]

Así mesmo, foi delegado nas Convencións Nacionais Republicanas de 1924 e de 1928. En 1924, foi autor dunha proposta para unha bonificación aos veteranos da primeira guerra mundial.[1][14]

Andrew formou parte do consello de administración da Universidade de Princeton entre 1932 e 1936.[1][5]

Vida persoal e legado

Algunhas fontes afirman que Andrew, solteiro durante toda a súa vida, mantiña unha relación sentimental co seu veciño, o deseñador de interiores Henry Davis Sleeper.[15][16][17]

Abram Piatt Andrew finou o 3 de xuño de 1936 en Gloucester, Massachusetts,[1] na súa casa, coñecida como Red Roof, vítima da gripe.[2] Os seus restos foron cremados e as súas cinzas foron esparexidas desde un avión pola contorna da súa casa en Gloucester.[1]

O día seguinte, a Cámara de Representantes dos Estados Unidos levantou a sesión ás 14:55 horas, como sinal de loito polo seu falecemento.[18]

En 1953, unha ponte da ruta 128 sobre o río Annisquem, que dá acceso a unha sección da illa de Gloucester foi nomeada "Ponte A. Piatt Andrew", en lembranza da súa figura.[19]

Notas

Véxase tamén

Wikiwand in your browser!

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.

Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.