autovía de Ponferrada a Ourense From Wikipedia, the free encyclopedia
A A-76 ou autovía do acceso centro a Galicia é unha autovía española en proxecto que prevé unir as cidades de Ponferrada e Ourense pasando por Monforte de Lemos.
Este artigo ou sección refírese ou está relacionado cun evento futuro. A información deste artigo pode cambiar frecuentemente. Por favor, non agregues datos especulativos e lembra colocar referencias a fontes fiables para dar máis detalles. |
A-76 Autovía do Acceso Centro a Galicia | |
---|---|
Tipoloxía | Autovía |
Rede | Rede de estradas do Estado |
Lonxitude | ±150 km |
Localización | |
Inicio | Ponferrada (León) |
Fin | Ourense |
Seguirá un percorrido similar ao da estrada N-120, a través das provincias de León, Lugo e Ourense, pasando por grandes vilas como O Barco de Valdeorras, A Rúa, Quiroga e Monforte de Lemos.
Espérabase que estea acabada en 2018, mais aínda non comezaron as obras.
En 2004 o PSOE presentou a promesa electoral de desdobrar a N-120 (Logroño-Vigo) en autovía no treito que discorre desde Ponferrada ata Monforte de Lemos. Esta promesa foi reiterada por parte de José Blanco, sendo oposición, na localidade monfortina[1] e despois, unha vez máis, xa co goberno de José Luis Rodríguez Zapatero en España.
O proxecto formulárase nun principio coa intención de proporcionar acceso ao centro de Galicia unindo Monforte de Lemos e Ponferrada. Máis tarde considerouse a idoneidade de prolongalo ata a cidade de Ourense. Posteriormente contemplouse a A-76 como unha autovía para conectar as cidades de Ponferrada e Ourense, por Monforte de Lemos, cun trazado paralelo ao da N-120.
Está contemplada no Plan Estratéxico de Infraestruturas de Transporte do Ministerio de Fomento.
En 2006 o Ministerio de Fomento, a través da empresa consultora de proxectos encargada do estudo informativo (Prointec), remitiulles ós alcaldes das corporacións das vilas afectadas as catro alternativas ao trazado que se contemplaban:
A diversidade de trazados provocou un conflito entre comarcas e partidos políticos.[2] O 25 de xaneiro de 2007, nunha reunión con sindicatos, axentes sociais, e a comisión de seguimento da autovía do trazado lugués, José Blanco, secretario de organización do PSOE, asegurou que "a súa palabra vale máis que a de calquera cargo do Ministerio de Fomento". Reiterou a promesa do trazado polas terras de Monforte de Lemos e anunciou, así mesmo, que se construiría unha vía de alta capacidade coa Pobra de Trives,[3] o que foi criticado por partidarios do trazado trivés.[4]
Entre tanto, tras senllas reunións cos representantes das plataformas que apoian os distintos trazados, responsables do Ministerio de Fomento coma o secretario de estado de Infraestruturas, Víctor Morlán, aseguraron que o trazado final se decidiría en base a "criterios técnicos".[5] Os partidarios do trazado trivés realizaron unha cadea humana de protesta o 19 de agosto de 2007 por unha parte da estrada que comunica Trives con Larouco.[6]
Finalmente, o trazado da autovía A-76 pasará por Monforte de Lemos e conectará co Porto Seco que se está a construír en Monforte.
Tramo | Quilómetros | Estado (2020) |
---|---|---|
A-6 (Villamartín da Abadía) - Requeixo | 6,35 | Proxecto terminado (licitado en decembro do 2014) Arquivado 04 de marzo de 2016 en Wayback Machine. O expediente de Información Pública foi aprobado o 14 de marzo do 2019 (pendente licitación de obras) |
Requeixo - A Veiga de Cascallá | 11,95 | En redacción do proxecto (adxudicado en xuño do 2017) |
A Veiga de Cascallá - O Barco de Valdeorras (Este) | 8,5 | Proxecto terminado (licitado en decembro de 2014) Arquivado 04 de marzo de 2016 en Wayback Machine. O expediente de Información Pública aprobouse o 10 de maio do 2018[Ligazón morta] Modificación da nova información pública - pendente de aprobación (pendente licitación de obras) |
O Barco de Valdeorras (Este) - (Vilamartín) - Rúa | 16,9 | Estudo informativo terminado (pendente licitación do proxecto) |
Rúa - (San Miguel de Montefurado) - Figueiredo | 6,59 | Estudo informativo terminado (pendente licitación do proxecto) |
Figueiredo (Soldón) - (Quiroga) - San Clodio | 7,58 | Estudo informativo terminado (pendente licitación de proxecto) |
San Clodio - Carballo de Lor | 13,52 | Estudo informativo terminado (pendente licitación do proxecto) |
Carballo de Lor - Pobla do Brollón | 7,62 | Estudo informativo terminado (pendente licitación de proxecto) |
Pobla do Brollón - Monforte (Este) | 5,7 | Estudo informativo terminado (pendente licitación do proxecto) |
Circunvalación sur de Monforte Monforte (Este) - Babela | 7,7 | En redacción do proxecto (adxudicado en xullo do 2018) |
Babela - Os Peares | 15,82 | Estudo informativo terminado (pendente licitación do proxecto) |
Os Peares (Barra de Miño) - Lagariños A-56 | 22,92 | Estudo informativo terminado (pendente licitación do proxecto) |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.