From Wikipedia, the free encyclopedia
Fellini 8½ (en italiano, 8½) é un filme franco-italiana de 1963 dirixido por Federico Fellini, con Marcello Mastroianni, Claudia Cardinale e Anouk Aimée como actores principais.
Fellini 8½ | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | 8½ |
Director | Federico Fellini |
Produtor | Angelo Rizzoli |
Guión | Federico Fellini Ennio Flaiano Tullio Pinelli Brunello Rondi |
Intérpretes | Marcello Mastroianni Claudia Cardinale Anouk Aimée |
Música | Nino Rota |
Fotografía | Gianni Di Venanzo |
Montaxe | Leo Catozzo |
Estudio | Cineriz Francinex |
Estrea | 14 de febreiro de 1963 |
Duración | 138 minutos |
Orixe | Italia Francia |
Recadación | 3,5 millóns de dólares[1] |
Na rede | |
É unha das fitas máis coñecidas do realizador, e segundo varios críticos cinematográficos é un dos mellores filmes da historia.[2] Foi filmado en branco e negro, e a música foi composta por Nino Rota.
Foi emitido na TVG o 3 de agosto de 1996.[3]
O célebre director e guionista Guido Anselmi está a atravesar unha fonda crise creativa e intenta relaxarse despois do seu último filme. Non pode conseguir a tranquilidade necesaria para atopar ideas novas para o seu seguinte filme e todo o mundo parece ansioso de saber en que punto se atopa o traballo que está a preparar. Está só, quere estar só, e busca unha resposta nas visións que invaden a súa mente, as máxicas e enigmáticas palabras: "Asa-Nisi-Masa", lembranzas dunha vida, soños fantásticas e escuras imaxes dun futuro nebuloso. A chegada de Claudia, actriz e musa da súa vida, e da súa amante Carla trae novas inquedanzas en vez da serenidade e o consolo que esperaba.
O filme emprega unha enxeñosa estratexia para mostrar o bloqueo creativo que o propio Fellini estaría a sentir: contar a propia dificulatade de realizar un filme. É un filme metalingüístico, que usa a linguaxe do cinema para comentar o filme que as súas personaxes están a realizar.
O filme ten grandes influencias da psicanálise jungiana, da que Fellini era un entusiasta.[4] Un exemplo é o gran foco nos soños do protagonista para explicar a súa persoa e acontementos da súa infancia. O uso da fotografía en branco e negro tamén server para reforzar o concepto jungiano de sombra.[5]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.