(3200) Faetón ou (3200) Phaethon, nomeado así de xeito internacional Pola UAI (IAU) dende 1985, despois de ser chamado de xeito provisional 1983 TB, o ano da súa descuberta polo satélite IRAS (Infrared Astronomical Satellite),[1] é un asteroide de tipo Apolo. No 2017, trátase do asteroide nomeado que ten a órbita que se aproxima máis ó Sol (aínda que existen moitos asteroides numerados pero non nomeados, cun perihelio menor, como (137924) 2000 BD19).[2] Por esta característica, foi chamado considerando o mito grego de Faetón, fillo de Helios, deus do Sol. Ten 5,8 km de diámetro.[3][1] É o corpo celeste pai das Xemínidas, a chuvia anual de meteoros de mediados de decembro. Cunha historia de observación de máis de trinta anos, a súa órbita está ben determinada, e a súa distancia á Terra ten unha precisión de ± 40 km.

Thumb
Órbita de Faetón arredor de decembro de 2017.
Thumb
Composición a partir de imaxes de radar do radioobservatorio de Arecibo.

Foi o primeiro asteroide descuberto por análise de imaxes dun satélite artificial. Os seus descubridores, Simon F. Green e John K. Davies fixeron a descuberta con imaxes do 11 de outubro de 1983, procurando obxectos en movemento nos datos do IRAS. O descubrimento foi anunciado de xeito oficial o 14 de outubro na IAUC 3878, e a confirmación óptica directa da existencia do obxecto foi feita por Charles T. Kowal, quen o clasificou como de aparencia asteroidal, sen actividade cometaria.

A observación no seu perihelio é imposible por satélite, debendo seguirse por equipos de observación solar, como o NASA Solar Terrestrial Relations Observatory (STEREO), que o segue dende 2009.[1] Dita observación deu como resultado a visualización dunha pequena cola pouco despois do seu perihelio, a que daría pé ás Xemínidas. No 2022 o exame pormenorizado detectou a emisión departículas de sodio no perihelio, que non poderían formar a cola causante das xemínidas, atribuídas agora a un fenómeno acorrido habería uns douscentos anos.[1]

Notas

Wikiwand in your browser!

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.

Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.