300 (filme)

Filme de 2007 dirixido por Zack Snyder From Wikipedia, the free encyclopedia

Remove ads

300 é un filme épico estadounidense dirixido por Zack Snyder que se estreou en 2007. Baséase na novela gráfica 300 de Frank Miller e Lynn Varley. A historia é unha adaptación fantasiosa da batalla das Termópilas. Foi rodado en gran parte mediante a técnica do croma para axudar a recrear a imaxenería da novela gráfica orixinal.

Datos rápidos Ficha técnica, Título orixinal ...
Remove ads

O argumento conta a historia do Rei Leónidas (Gerard Butler), que lidera a 300 soldados espartanos nunha batalla contra o "rei-deus" persa Xerxes (Rodrigo Santoro) e o seu enorme exército de 300 000 soldados. Como a vitoria é imposible, a Raíña Gorgo (Lena Headey) tenta conseguir o apoio de Esparta para o seu marido. A historia é contada pola voz narrativa do soldado Dilios (David Wenham). ó longo do filme, son introducidas varias criaturas fantásticas, situando a 300 dentro do xénero de fantasía histórica.

300 estreouse nos Estados Unidos nos cinemas convencionais e IMAX o 9 de marzo de 2007, e en DVD, Blu-ray, e HD DVD o 31 de xullo de 2007. O filme recibiu críticas diversas, sendo aclamado polo seu estilo e orixinalidade, mais foi criticado polo uso excesivo de efectos visuais e pola controvertida representación dos persas. Porén, o filme foi un éxito de recadación, gañando $450 millóns, cunha das mellores acollidas na estrea en toda a historia do cine.

Estreouse en galego na TVG o 21 de abril de 2010.[3]

Remove ads

Sinopse

O filme comeza contando a infancia do rei Leónidas I, aos sete anos, comeza o seu adestramento como espartano. Unha vez Leónidas xa é rei de Esparta chega un día un mensaxeiro persa comunícalle o desexo de Xerxes I en dominar a rexión, pero que podía someter voluntariamente o seu pobo e seguir sendo rei. Leónidas, ofendido por semellante feito, mata toda a comitiva persa e decide comezar enfrontarse a Xerxes. Porén, como Esparta estaba a celebrar a festa relixiosa da Carneia, Leónidas non pode entrar en guerra, polo que reúne 300 guerreiros como a súa garda persoal e marcha ao encontro dos invasores persas.

Remove ads

Personaxes

  • Gerard Butler como Leónidas I, Rei de Esparta.
  • Lena Headey como Gorgo, Raíña de Esparta.
  • Giovani Cimmino como Pleistarco, fillo de Leónidas e Gorgo.
  • Dominic West como Theron, un político corrupto (ficticio) espartano.
  • David Wenham como Dilios, Narrador e soldado espartano.
  • Vincent Regan como capitán Artemis.
  • Tom Wisdom como Astinos, fillo máis vello de Artemis.
  • Andrew Pleavin como Daxos, o líder arcadio que loita xunto a Leónidas.
  • Andrew Tiernan como Efialtes.
  • Rodrigo Santoro como Xerxes I, Rei de Persia.
  • Stephen McHattie como un político espartano.
  • Michael Fassbender as Stelios, un xove soldado espartano.
  • Peter Mensah como o mensaxeiro persa.
  • Kelly Craig como Pythia, a oráculo dos éforos.
  • Tyler Neitzel como xove Leónidas.
  • Robert Maillet como Uber Immortal (xigante).
  • Patrick Sabongui como o xeneral persa.
  • Leon Laderach como Executador.
Remove ads

Notas

Véxase tamén

Loading content...
Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads