xorbalista, xurista, político e sacerdote español From Wikipedia, the free encyclopedia
Ángel Herrera Oria, nado en Santander o 19 de decembro de 1886 e finado en Madrid o 28 de xullo de 1968,[1][2] foi un xornalista, xurista, político e sacerdote español, nomeado cardeal da Igrexa católica. Xunto con Ángel Ayala, fundou a Asociación Católica Nacional de Propagandistas. Dirixiu o xornal El Debate e adoptou unha postura accidentalista ante a Segunda República Española. Foi un dos representantes do que se coñeceu como "doutrina social da Igrexa".[3]
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 19 de decembro de 1886 Santander, España |
Morte | 28 de xullo de 1968 (81 anos) Madrid, España |
Cardeal | |
22 de febreiro de 1965 – | |
Bishop of Malaga (en) | |
24 de abril de 1947 – 27 de agosto de 1966 ← Balbino Santos Olivera (pt) – Emilio Benavent Escuín → Diocese: diocese de Málaga | |
Datos persoais | |
Relixión | Igrexa católica |
Educación | Universidade de Salamanca Universidade de Deusto |
Actividade | |
Ocupación | bispo católico (1947–), sacerdote católico (1940–), diácono (1940–), avogado, xornalista, político |
Partido político | Acción Popular |
Membro de | |
Consagración | Gaetano Cicognani |
Premios | |
Cursou o bacharelato no colexio xesuíta de Valladolid e estudou Dereito na Universidade de Deusto.[4] En 1907 aprobou a oposición ao corpo de Avogados do Estado e foi destinado a Burgos. Aos sete meses pediu unha excedencia e trasladouse a Madrid para facer o doutoramento en Dereito en 1908.
En 1910 fundou, xunto co sacerdote Ángel Ayala, a Asociación Católica Nacional de Propagandistas (ACNP). En 1911 creou a Editorial Católica,[4] editora dalgúns diarios rexionais e mais da segunda época do xornal El Debate, do que foi director durante 22 anos (1911-1933).[4]
Durante os anos 20 desenvolveu un labor de proselitismo e organización das xuventudes católicas. En 1926 creou a Escola de Xornalismo de El Debate.
Cando se proclamou a II República adoptou como táctica ante o novo réxime a súa teoría do accidentalismo, unha adaptación prudente ante unhas circunstancias adversas. Afirmaba que o importante era o contido e a orientación do réxime, non a forma de goberno. Esta postura creou polémica con outros medios, como o diario ABC, defensor radical da institución monárquica.
Cando se creou Acción Nacional, intentou formar unha poderosa forza de dereitas. Foi renomeada como Acción Popular, por non estar autorizado o emprego do termo nacional para designar institucións ou organismos non estatais. Foi designado o primeiro presidente da súa xunta directiva. Presentouse como candidato ás eleccións a Cortes Constituíntes por Madrid, mais non resultou elixido. Tamén creou a Biblioteca de Autores Cristianos (BAC).[4][5]
En 1933 abandonou a dirección de El Debate e foi nomeado presidente da Xunta Central de Acción Católica. Fundou tamén o Centro de Estudos Universitarios (CEU)[5] e o Instituto Social Obrero. En 1935 dimitiu da presidencia da Asociación de Propagandistas e da dirección da Escola de Xornalismo de El Debate. En 1936, antes do Golpe de Estado do 18 de xullo, marchou a Friburgo, Suíza.[4] Alí comezou a carreira eclesiástica no seminario de San Carlos, e foi ordenado sacerdote o 28 de xullo de 1940.
Volveu a España en 1943, cando foi designado coadxutor da parroquia de Santa Lucía en Santander. Nesta cidade creou un centro de estudo para sacerdotes mozos, do que saíron varios futuros bispos. Desde unha posición indirecta e de forma vocacional continuou na política. En 1945 foi enviado a Roma e a Lausana polo ministro de Asuntos Exteriores, Alberto Martín-Artajo, para sondar a actitude da Santa Sé sobre un hipotético acordo entre o ditador Franco e Juan de Borbón. E a partir desa data, múltiples persoeiros da Asociación Católica Nacional de Propagandistas pasaron a colaborar activamente co réxime franquista.[6]
En 1947 foi nomeado bispo de Málaga. Nesta diocese, as súas homilías dominicais reflectían o seu pensamento social, moi influído pola doutrina do papa León XIII. Nesta provincia creou unhas 250 escolas rurais, que alfabetizaron a máis de 25.000 persoas.[3]
Asistiu ao Concilio Vaticano II, en que participou nos debates sobre O esquema da Igrexa e o mundo moderno. Aos 75 anos dimitiu da sé malagueña por petición do papa Paulo VI, quen o nomeou cardeal o 25 de xaneiro de 1965. [4] Tralo seu pasamento, foi soterrado na catedral de Málaga.
Era irmán do escritor e xesuíta Enrique Herrera Oria (1885-1951).
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.