composto químico From Wikipedia, the free encyclopedia
o ácido β-eleoesteárico, ou ácido (9E,11E,13E)-octadeca-9,11,13-trienoico, é un ácido graxo natural e bioloxicamente activo coa fórmula C
18H
30O
2 ou H3C-(-CH2-)3(-CH=CH-)3-(-CH2-)7-(C=O)OH. É o isómero conformacional todo-trans do ácido octadecatrienoico. Outro isómero seu é o ácido α-eleoesteárico.
β-Eleostearic acid | |
---|---|
Ácido (9E,11E,13E)-octadeca-9,11,13-trienoico | |
Outros nomes Ácido (E,E,E)-9,11,13-octadecatrienoico | |
Identificadores | |
Número CAS | 544-73-0 |
PubChem | 5282820 |
ChemSpider | 4445947 |
ChEBI | CHEBI:38384 |
Imaxes 3D Jmol | Image 1 |
| |
| |
Propiedades | |
Fórmula molecular | C18H30O2 |
Masa molar | 278,43 g mol−1 |
Punto de fusión | 715 °C; 1 319 °F; 988 K |
Se non se indica outra cousa, os datos están tomados en condicións estándar de 25 °C e 100 kPa. |
Pode obterse ácido β-eleoesteárico puro por saponificación de aceites de tung α- e β en condicións suaves, e cristalización directa dos ácidos liberados a −20 °C dunha solución etanólica.[1]
Investigáronse os efectos deste ácido sobre as células T24 de cancro de vexiga humano e observouse que presentaba unha forte citotoxicidade que inducía a apoptose destas células por un mecanismo mediado por especies reactivas do oxíxeno.[2]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.