Ácido 11-eicosenoico
composto químico From Wikipedia, the free encyclopedia
O ácido 11-eicosenoico, tamén chamado ácido gondoico, é un ácido graxo monoinsaturado omega-9, que se encontra en diversos aceites vexetais e de noces; especialmente no aceite de jojoba e tamén en graxas animais.[2] É un dos ácidos eicosenoicos.
Ácido gondoico[1] | |
---|---|
![]() | |
(Z)-Eicos-11-enoic acid | |
Outros nomes Ácido gondoico | |
Identificadores | |
Número CAS | 5561-99-9 |
PubChem | 5282768 |
ChemSpider | 4445895 |
KEGG | C16526 |
ChEBI | CHEBI:32425 |
Imaxes 3D Jmol | Image 1 Image 2 |
| |
| |
Propiedades | |
Fórmula molecular | C20H38O2 |
Masa molecular | 310,51 g/mol |
Densidade | 0,883 g/mL |
Punto de fusión | 23–24 °C; 73–75 °F; 296–297 K |
Perigosidade | |
Punto de inflamabilidade | 110 °C; 230 °F; 383 K |
Se non se indica outra cousa, os datos están tomados en condicións estándar de 25 °C e 100 kPa. |
É un composto que é sólido a baixas temperaturas e funde a 23-24 °C. É insoluble en auga e soluble en etanol e metanol.[3]
Foi illado por primeira vez en 1934 polos científicos xaponeses Y. Toyama e T. Ishikawa do aceite dos delfínidos caldeiróns.[4][5] Tamén se atopa en aceites de sementes de Cardiospermum halicacabum, mostaza e outras brasicáceas; é especialmente abundante no aceite de Carmelina sativa; tamén se atopa no aceite de peixes do xénero Brevoortia, o bacallau atlántico e no fígado do Squalus acanthias e nas feces de Delphinapterus leucas (beluga o balea branca).[3]
Notas
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.