![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/0/02/G%25C3%25BClle_in_einem_G%25C3%25BCllesilo.jpg/640px-G%25C3%25BClle_in_einem_G%25C3%25BCllesilo.jpg&w=640&q=50)
Zurro
From Wikipedia, the free encyclopedia
O zurro,[1] xurro[2] ou zudre[3] (evítese purín[4]) é un produto líquido constituído por unha mestura de dexeccións sólidas e líquidas e de produtos de alimentación animal, en cantidades variables, xeralmente cun contido de auga superior ó 85% en peso.
![Thumb image](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/0/02/G%C3%BClle_in_einem_G%C3%BCllesilo.jpg/640px-G%C3%BClle_in_einem_G%C3%BCllesilo.jpg)
A almacenaxe de zurro en depósitos non axeitados, o seu uso como fertilizante en épocas inadecuadas, dadas as características físico-químicas do solo en cada estación, ou a vertedura directa ós cursos fluviais e á rede pública poden provocar accidentes ou a contaminación das augas superficiais e subterráneas.