Zooropa
From Wikipedia, the free encyclopedia
Zooropa é o oitavo álbum de estudio da banda de rock irlandesa U2. Foi editado o 6 de xullo de 1993 a través do selo Island Records. Orixinalmente pensouse coma un EP e foi gravado durante a Zoo TV Tour lanzándose finalmente coma un álbum completo. En Zooropa, U2 continua coa experimentación entre o rock alternativo e a música electrónica que comezara co seu anterior traballo, Achtung Baby, publicado en 1991.
Datos rápidos Zooropa, Álbum de U2 ...
Zooropa | ||||
---|---|---|---|---|
Álbum de U2 | ||||
Publicado | 6 de xullo de 1993 | |||
Gravación | marzo - maio de 1993 | |||
Duración | 51:15 | |||
Xénero(s) | rock, rock alternativo | |||
Selo(s) | Island Records | |||
Producido por | Flood, Brian Eno e The Edge | |||
Cronoloxía | ||||
| ||||
Pechar
Zooropa foi elixido mellor álbum do ano 1993 pola publicación Alternative Press[1]