Zifios caldeirón
xénero de mamíferos From Wikipedia, the free encyclopedia
xénero de mamíferos From Wikipedia, the free encyclopedia
Co nome de zifios caldeirón coñécense as dúas especies de cetáceos odontocetos que comprende o xénero Hyperoodon, da familia dos zifíidos, o zifio caldeirón [3] propiamente dito, ou zifio caldeirón boreal (Hyperoodon ampullatus) e o zifio caldeirón austral (Hyperoodon planifrons).[3]
Zifios caldeirón Hyperoodon | |||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Zifio caldeirón boreal nun selo postal das illas Feroe | |||||||||||||||||||||
Estado de conservación | |||||||||||||||||||||
Pouco preocupante[1] | |||||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||
Especies [2] | |||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||||||||
|
Aínda que as dúas especies son fisicamente bastante semellantes, as súas historias recentes son moi diferentes: a especie austral foi pouco observada, nunca foi cazada e é probabelmente o zifíido o máis abundante das augas antárticas; porén, a especie do norte foi duramente cazada por noruegueses e británicos durante o século XIX e principios do XX. Noruega deixou de cazala en 1973.
As dúas especies son grandes, de 8 a 10 m de lonxitude en estado adulto. O melón é prominente e de forma ovalada (parecido ao dos caldeiróns, ao que alude o seu apelido). O fociño co bico relativamente longo (máis curto e arredondado nas crías), de cor branca nos machos e gris nas femias. Polo xeral teñen só dous dentes, na mandíbula inferior, visíbeis só nos machos (nas femias quedan ocultos nas enxivas). A aleta dorsal é relativamente pequena, desprazada cara a atrás e normalmente inclinada. A parte superior do corpo destes zifios adoita ser de cor gris escura na especie boreal e gris clara na austral. As dúas especies teñen a parte inferior de cor máis clara.[4]
O zifio caldeirón boreal é endémico do océano Atlántico norte, onde vive en augas frías árticas e subárticas preferiblemente profundas. Encóntrase no estreito de Davis, nas costas da Nova Escocia e nas máis setentrionais do mar do Labrador (Canadá), sobre todo na entrada do estreito de Hudson, no océano Ártico, no mar de Groenlandia e no e de Barents.[4]
Na parte oriental da súa área de distribución se estende desde as augas árticas, desde Groenlandia e as illas Spitzberg (Svalbard) ás máis temperadas do mar do Norte, chegando ás veces até latitudes tan baixas como o golfo de Biscaia. Hai citas de varamentos en todas as costas europeas, pero son moi raras nas costas atlánticas francesas, e non foi confirmada a súa presenza no Mediterráneo.[5]
A especie foi observada ocasionalmente nas Azores,[6] e ao sur das do Cabo Verde, aos 15 ºN.[7]
En xaneiro de 2006, un zifio caldeirón boreal foi avistado no centro de Londres, no río Támese.[8]
A poboación total descoñécese, aínda que se estima que é da orde de 10 000 individuos. A UICN, en 2013 consideraba que non había datos suficientes para avaliar o seu status de conservación, polo que cualificou á especie como CC.[9]
O zifio calderón austral ten unha distribución circunscrita ao Polo Sur, no océano Antártico ao sur dos 30 °S.[10] Avistáronse tamén algúns individuos máis ao norte, até os 70 °S.
No verán encóntranse tan ao sur como nas augas da costa antártica, e en inverno tan ao norte como as costas de Suráfrica, a illa norte de Nova Zelandia, Australia, illas Malvinas, Arxentina, Uruguai e sur do Brasil.[11]
A súa presenza é incerta nas costas de Dinamarca, Marrocos, Sáhara Occidental, Mauritania e a Federación de Rusia.
Pénsase que existe unha poboación global duns 500 000 individuos, e a UICN cualificou en 2013 o seu estado de conservación como LC, pouco preocupante.[11]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.