Zhang Zuolin
Xeneralísimo do Goberno Militar chinés e caudillo de Manchuria (1875-1928) / From Wikipedia, the free encyclopedia
Zhang Zuolin (en chinés: 張作霖 Chang Tso-lin), nado en Haicheng,[1] Fengtian o 19 de marzo de 1875 e finado en Mukden, Fengtian o 4 de xuño de 1928), coñecido como o «Vello Mariscal»,[1] foi un caudillo militar chinés da era dos señores da guerra, a comezos da república. Considerábaselle o principal caudillo militar ao servizo dos intereses xaponeses, que o abasteceron, trala derrota da camarilla de Anhui en 1920.[2]. Controlou principalmente as provincias do nordés da China que conformaban a rexión de Manchuria.[3][nota 1]
Nome orixinal | (zh) 张作霖 |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 19 de marzo de 1875 Haicheng (en) |
Morte | 4 de xuño de 1928 (53 anos) Shenyang |
Causa da morte | homicidio, accidente de tren |
Presidente de Taiwan (pt) | |
18 de xuño de 1927 – 4 de xuño de 1928 ← Duan Qirui (pt) – Tan Yankai (en) → | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | República da China Dinastía Qing |
Grupo étnico | Pobo han |
Relixión | Budismo |
Actividade | |
Ocupación | político e xefe militar |
Partido político | Kuomintang |
Membro de | |
Carreira militar | |
Rama militar | Cabalaría |
Rango militar | generalíssimo (pt) |
Conflito | Primeira Guerra sino-xaponesa |
Familia | |
Cónxuxe | Shouyi |
Fillos | Zhang Xueliang, Zhang Xuesi (en) , Zhang Xueming (en) , Zhang Xuesen (en) |
Naceu nunha familia de campesiños pobres de Manchuria.[5] Con vinte anos, alistouse como soldado de cabalería para combater na Primeira guerra chino-xaponesa (1894-1895).[6] Ao finalizar a contenda, regresou á súa localidade natal e converteuse en bandoleiro.[6] Da época de bandidaxe xurdiu a súa proximidade con algunhas figuras que máis tarde ocuparon importantes postos na súa camarilla militar.[7] A debilidade do imperio trala rebelión bóxer fixo que os grupos de bandidos da rexión convertésense na única forza militar de importancia na zona, polo que as autoridades trataron de atraerllos.[7] Así, toda a súa cuadrilla de bandoleiros integrouse no exército regular en 1903.[8] Tras a guerra ruso-xaponesa, as forzas de Zhang mantiveron o seu ambiguo carácter de unidade militar regular e banda de fuxidos.[9]
Tivo un papel destacado no esmagamento da Revolución de Xinhai en Fengtian en 1911-1912.[10] En 1916, logrou que se lle nomease gobernador civil e militar da provincia e en 1919 tomara xa o control das tres provincias do nordés -Fengtian, Jilin e Heilongjiang..[10] Controlou estes territorios ata a súa morte en 1928 á fronte da camarilla de Fengtian, que agrupaba ás súas partidarios.[10] Considerado como un dos principais caudillos militares, a partir de 1918 comezou a estender o seu poder cara a Mongolia e as chairas do norte da China.[10] A comezos de 1925, converteuse no máis poderoso caudillo militar do norte do país.[10] A Expedición ao Norte lanzada polo Guomindang en 1926 dirixiuse contra o Goberno pequinés que dominaba Zhang, principal rival dos revolucionarios.[10]
Logrou influír na política nacional grazas aos grandes recursos que obtiña da explotación das provincias do nordés, ricas, pouco poboadas e en pleno desenvolvemento, e á protección que a estas concederon os sucesivos Gobernos xaponeses.[11] Reuniu en torno a el á súa camarilla, formada tanto por militares como por hábiles administradores civís, que permaneceu fundamentalmente fiel.[11] Antinacionalista e anticomunista, reprimiu con dureza as protestas urbanas que se estenderon polo país en 1925.[12] A súa supervivencia a mediados da década debeuse ao decidido apoio xaponés; para Toquio Zhang era o mellor instrumento para defender os seus intereses, comparado con outros caudillos militares.[12] Figura anacrónica máis parecida aos conquistadores do pasado chinés, carecía de ideoloxía propia que sostivese o seu poder.[13]
Cada vez máis inimizado cos xaponeses, que desexaban que abandonase as súas ambicións nacionais para concentrarse en reformar as provincias nororientais en favor dos seus intereses, acabou asasinado por oficiais do Exército de Guandong en 1928.[14] Naquel momento, Zhang achábase en plena retirada cara ás súas bases no nordés ante o pulo da ofensiva de Chiang Kai-shek.[15] O seu fillo, Zhang Xueliang, mantivo o control das provincias do nordés ata 1931.[1]