Zenobia de Palmira
From Wikipedia, the free encyclopedia
Septimia Bathzabbai Zainib (en grego antigo: Ζηνοβία / Zēnobía, en arameo: בת זבי / Bat-Zabbai, en latín: Julia Aurelia Zenobia), máis coñecida como Zenobia, nada en 240 e finada en 274, foi a segunda esposa do príncipe Septimio Odenato de Palmira, dependente do Imperio Romano, e raíña do Imperio de Palmira entre 267 e 272, tralo asasinato do seu marido en 267, cando tomou o poder en nome do seu novo fillo herdeiro.
![]() ![]() | |
Nome orixinal | (la) Septimia Zenobia (grc) Σεπτιμία Ζηνοβία ![]() |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | (arc) בת זבי ![]() c. 240 ![]() Palmira (Imperio Romano) ![]() |
Morte | 275 (Gregoriano) ![]() Tívoli (Imperio Romano) ![]() |
Empress regnant (en) ![]() | |
![]() | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Imperio de Palmrira Roma Antiga ![]() |
Actividade | |
Ocupación | gobernante ![]() |
Período de tempo | Alto Imperio Romano ![]() |
Obra | |
Obras destacables
| |
Outro![]() | |
Título | Augusta (en) ![]() ![]() |
Cónxuxe | Odenato (–267 (Gregoriano)) |
Fillos | Vabalato (pt) ![]() ![]() ![]() ![]() |
Parentes | Hairan (fillastro) ![]() |
![]() |
Aproveitando as disputas no interior do Imperio Romano polo liderado do mesmo, o reino de Palmira sublevouse e tentou crear o seu propio imperio coa intención de dominar os dous que o flanqueaban, o romano e o sasánida. Tamén tiñan o incentivo de aproveitar o baleiro de poder que o Imperio sasánida aínda non alcanzara a encher. As campañas militares de Zenobia permitíronlle crear un imperio que abranguía toda a Asia Menor e mesmo logrou tomar Exipto coas súas tropas no ano 269, xa que alí se levantou un posible candidato ao trono romano. Zenobia logrou depor o pretendente e reclamou a coroa do imperio para o seu fillo.
Gobernou Exipto ata o ano 272, cando foi derrotada e enviada como refén a Roma polo emperador Aureliano. A partir deste momento, o destino de Zenobia parece confuso. Existen múltiples teorías, dende que unha doenza acabou coa vida de Zenobia, ata que foi unha folga de fame ou unha execución por decapitación a causa da súa morte.[1] A versión máis optimista e aceptada conta que Aureliano quedou tan impresionado por Zenobia que a liberou, outorgándolle unha villa en Tibur onde se converteu nunha filósofa destacada da alta sociedade, vivindo como unha matrona romana máis.