Yukón
o máis occidental dos tres territorios do norte do Canadá / From Wikipedia, the free encyclopedia
Yukón[1] (ás veces denomínaselle Yukon Territory, «Territorio do Yukón», nalgúns documentos en inglés) é o máis occidental dos tres territorios do norte do Canadá. Sitúase ao leste do estado estadounidense de Alasca, ao oeste dos Territorios do Noroeste, e ao norte da Columbia Británica. Ten unha poboación de aproximadamente 31.000 habitantes. A súa capital é Whitehorse (23.272 habitantes).
Datos rápidos Lema, Nomeado en referencia a ...
Lema | «sen valor» | ||||
---|---|---|---|---|---|
Nomeado en referencia a | Río Yukón | ||||
Localización | |||||
| |||||
Estado | Canadá | ||||
Capital | Whitehorse (pt) | ||||
Escindido de | Territorios do Noroeste | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 40.232 (2021) (0,08 hab./km²) | ||||
Lingua oficial | lingua inglesa lingua francesa | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 482.443 km² | ||||
Auga | 1,7 % | ||||
Punto máis alto | Monte Logan (5.956 m) | ||||
Punto máis baixo | Océano Ártico (0 m) | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Datos históricos | |||||
Precedido por | |||||
Creación | 1898 | ||||
Día festivo | Discovery Day (en) Civic Holiday (en) (primeiro luns de agosto) Dia da família (pt) (terceiro luns de febreiro) | ||||
Organización política | |||||
Forma de goberno | democracia parlamentaria | ||||
Órgano executivo | Government of Yukon (en) | ||||
• Premier of Yukon (en) | Sandy Silver (pt) (2016–sen valor) | ||||
Órgano lexislativo | Legislature of Yukon (en) , | ||||
PIB nominal | 3.182.000.000 $ (2020) | ||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | Y | ||||
Fuso horario | |||||
ISO 3166-2 | CA-YT | ||||
Páxina web | yukon.ca | ||||
Pechar
A etimoloxía do seu nome provén dunha lingua aborixe local, o gwich'in, e quere dicir "río grande". O territorio é famoso entre outras cousas por ser o escenario da febre do ouro de Klondike, un feito histórico que ocorreu en 1897 e que foi de gran transcendencia para a rexión.