atleta xamaicano From Wikipedia, the free encyclopedia
Yohan Blake, nado en Saint James (Xamaica) o 26 de decembro de 1989, é un atleta xamaicano de velocidade. Gañou unha medalla de ouro nas remudas de 4×100 metros nos Xogos Olímpicos de 2012 amais de dúas medallas de prata, nos 100 e 200 metros. É coñecido como A Besta ("Beast").[1]
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xaneiro de 2013.) |
(2012, Estadio Olímpico de Londres) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 26 de decembro de 1989 (34 anos) Saint James, Xamaica (pt) |
Altura | 180 cm |
Peso | 80 kg |
Actividade | |
Ocupación | atleta |
Nacionalidade deportiva | Xamaica |
Deporte | atletismo |
Adestrado por | Glen Mills (pt) |
Participou en | |
2021 | Xogos Olímpicos de 2020 (4º) |
2021 | Xogos Olímpicos de 2020 |
2018 | Jogos da Commonwealth de 2018 (pt) (3º) (medalla de bronce) |
2018 | Jogos da Commonwealth de 2018 (pt) (3º) (medalla de bronce) |
2016 | Xogos Olímpicos de 2016 (1º) (medalla de ouro olímpica) |
2016 | Xogos Olímpicos de 2016 |
2016 | Xogos Olímpicos de 2016 (4º) |
2012 | Xogos Olímpicos de 2012 (1º) (medalla de ouro olímpica) |
2012 | Xogos Olímpicos de 2012 (2º) (medalla de prata olímpica) |
2012 | Xogos Olímpicos de 2012 (2º) (medalla de prata olímpica) |
Páxina web | ybafraid.com |
A mellor marca persoal de Blake nos 100 metros é de 9,69 segundos, o que o converte, xunto a Tyson Gay, no home máis rápido do mundo despois de Usain Bolt. A súa mellor marca para os 200 metros (19,26 segundos) é a mellor despois de Bolt.[2] Ten o récord nacional xuvenil nos 100 metros e é o velocista máis novo en romper a barreira dos 10 segundos (aos 19 anos e 196 días).
En 2009, xunto con outros tres velocistas, foi suspendido por tres meses tras dar positivo cunha substancia similar a un estimulante prohibido.
Foi adestrado por Glen Mills. os seus compañeiros de adestramento son Usain Bolt e Daniel Bailey.
Chegou a St. Jago High School, unha cidade onde o primeiro deporte era o crícket. Blake era un xogador de birlos, e foi só despois de que o director da escola vise o rápido que correu ao portelo da escola, que lle insistiu en que se dedicase á velocidade.
Blake marcou o mellor tempo e estableceu un novo récord júnior nos Xogos CARIFTA celebrados no Turks e Caicos en 2007, onde tamén levou ao seu equipo ao ouro nas remudas 4×100 metros. Nesta ocasión, foi galardoado co Trofeo Austin Sealy ao atleta máis destacado do campionato.
No 2008 cando se lle preguntou a Usain Bolt se había algún velocista que o puidese desafiar, Bolt sinalou o seu compañeiro de adestramento, Blake, dicindo:
Ten coidado con Yohan Blake, traballa como unha besta. El está alí comigo paso a paso no adestramento.
Blake gañou a carreira dos 100 metros "B" no 2009 Reebok Grand Prix. As súas fazañas na Golden Gala en xullo representaron unha clara mellora no seu rendemento. Demostrou ser un serio competidor no nivel superior: tomou o terceiro lugar despois de Tyson Gay e Asafa Powell e mellorou a súa marca persoal rompendo a barreira dos 10 segundos cunha marca de 9,96 segundos, converténdose no atleta mais novo en facelo. Mellorou a 9,93 segundos quedando en terceiro lugar tralos seus compañeiros de adestramento, Bolt e Daniel Bailey na reunión de Areva.[3]
Antes do Campionato do Mundo de 2009, Blake (xunto con Marvin Anderson e Sheri-Ann Brooks) deu positivo no estimulante 4-Metil-2-hexanamina. Unha comisión disciplinar organizada pola Comisión Antidopaxe de Xamaica (JADCO) exonerouno dunha infracción de dopaxe alegando que a droga non estaba na lista da Axencia Mundial Antidopaxe. Pero a JADCO apelou o fallo da súa propia comisión, indicando que o atleta debía ser sancionado posto que o fármaco tiña unha estrutura similar á substancia prohibida tuaminoheptano. O tribunal de apelación decidiu que a sanción era apropiada, e Blake e os outros tres velocistas recibiron unha sanción de tres meses de suspensión.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.