Yin Xu
From Wikipedia, the free encyclopedia
From Wikipedia, the free encyclopedia
Yin Xu é unha antiga capital da China. Localizada preto da cidade de Anyang, no norte da Provincia de Henan, Yin Xu foi a capital do estado durante a última parte da dinastía Shang. As ruínas testemuñan unha nova era na historia da China, cunha economía, sistema político e militar, tecnoloxía e cultura desenvolvidas, no que era unha sociedade de escravos típica. As inscricións en oráculos atopados no lugar representan a máis antiga escrita chinesa coñecida.
Tipo | xacemento arqueolóxico | |||
---|---|---|---|---|
Localización | ||||
División administrativa | Anyang, República Popular da China (pt) | |||
| ||||
Características | ||||
Superficie | Patrimonio da Humanidade: 414 ha zona de protección: 720 ha | |||
Patrimonio da Humanidade | ||||
Tipo | Patrimonio cultural → Asia-Oceanía insular | |||
Data | 2006 (30ª Sesión), Criterios de Patrimonio da Humanidade: (ii), (iii), (iv) e (vi) | |||
Identificador | 1114 | |||
Monumentos da República Popular da China | ||||
Data | 4 de marzo de 1961 | |||
Historia | ||||
Código do catálogo | primeira lista dos grandes bens culturais protexidos a escala nacional: 142. | |||
Yin Xu foi descuberta a comezos do século XX, efectuándose as primeiras escavacións en 1928. De 1926 a 1937 foron realizadas quince escavacións. Desde 1950, téñense feito múltiplos estudos do lugar. En 1961, Yin Xu foi proclamado lugar histórico protexido e en 2006 declarouse Patrimonio Mundial da UNESCO.[1]
Na Zona do Templo de Adoración dos Antepasados do Palacio de Yin Xu existen arredor de oitenta fundacións de construcións antigas. Foron desenterrados cerca de 160.000 fragmentos de cunchas de tartaruga e de óso con inscricións, así como un túmulo dun membro da familia real moi ben conservado (o Túmulo de Fu Hao).[1]
O Túmulo de Fu Hao está localizado na Zona do Templo de Adoración dos Antepasados. Fu Hao era a muller do Rei Wuding da dinastía Shang, a cal tiña a patente de xeneral, de acordo con documentos antigos. Nas escavacións do túmulo atopáronse un total de 1.928 fragmentos, incluíndo cunchas de tartaruga e osos con inscricións, vasos de bronce, artigos de xade, óso, ferramentas de pedra, obxectos de marfil e cunchas, que se encontran depositadas no Museo de Henan, Zhengzhou, e na Estación Arqueolóxica de Anyang, do Instituto de Ciencias Sociais da China. Foron deixadas dentro do túmulo algunhas réplicas dos achados das escavacións. Foi unha importante descuberta para a arqueoloxía e historia chinesas.[1]
Na Zona do Palacio de Yin Xu foron desenterrados trece templos reais e descubertos millares de altares e moitos vestixios de sacrificios humanos e animais, así como un gran número de inscricións en cunchas de tartaruga e óso, ademais de delicados vasos de bronce, ferramentas e utensilios. O vaso cadrado Si Muwu, cun peso de 875 quilos, é unha descuberta extremadamente rara. Todos os aparellos atopados neste lugar ilustran o estadio avanzado da civilización da dinastía Shang. A maior parte dos túmulos e altares foron enterrados de novo e só algunhas sepulturas, que se encontran cubertas, conserváronse de mostra e para estudo posterior. Estas escavacións exhiben unha carruaxe e cabalo, altares e os túmulos reais. As plantas e maquetas úsanse para mostrar a localización e o formato das sepulturas.[1]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.