Yapen
From Wikipedia, the free encyclopedia
Yapen (tamén Japen, Jobi)[1] é unha illa pertencente ao arquipélago Schouten, na provincia de Papua, Indonesia. O estreito de Yapen separa Yapen e as Illas Biak ao norte. Está na baía de Cenderawasih da costa do noroeste da illa de Nova Guinea. Ao oeste atópase a illa Mios Num, a través do estreito de Mios Num, e ao leste a illa Kurudu. Na costa sueste de Yapen atópanse as Illas Amboi e ao suroeste as Illas Kuran. Pobóase coas comunidades Yobi, Randowaya, Serui, e Ansus. O seu punto máis alto ten 1.496 m.
Datos rápidos Situación, País ...
Yapen | |
---|---|
Localización da illa | |
Situación | |
País | ![]() |
Arquipélago | Illas Schouten |
Coordenadas | 1°50′S 136°10′L |
Xeografía | |
Superficie | 2.278 km² |
Longura máxima | 170 km. |
Largura máxima | 30 km. |
Punto máis alto | 1.496 m. |
Demografía | |
Capital | Serui |
Pechar
![Thumb image](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/0/0c/Schouten_Islands_%28IN%29_Topography.png/640px-Schouten_Islands_%28IN%29_Topography.png)