![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/0/02/Yaku_Perez_Guartambel_foto_%2528cropped%2529.jpg/640px-Yaku_Perez_Guartambel_foto_%2528cropped%2529.jpg&w=640&q=50)
Yaku Pérez Guartambel
líder indíxena de Ecuador / From Wikipedia, the free encyclopedia
Yaku Sacha Pérez Guartambel, nado en Cachaipucara, Cuenca o 26 de febreiro de 1969, inscrito ao nacer cos nomes de Carlos Ranulfo e actualizados legalmente a Yaku Sacha, é un dirixente indíxena ecuatoriano da nacionalidade kichwa-cañari. Foi presidente da Confederación de Pobos da Nacionalidade Kichwa (ECUARUNARI) de 2013 a 2019, dende onde participou en manifestacións durante o goberno de Rafael Correa. En 2017, foi elixido como presidente da Coordinadora Andina de Organizacións Indíxenas.[1] Nas eleccións seccionais de 2019 foi elixido como Prefecto de Azuay[2] e participou nas manifestacións de outubro de 2019 durante o goberno de Lenín Moreno. Foi elixido pola organización política Pachakutik como candidato á presidencia do Ecuador para as eleccións presidenciais de 2021.[3]