Xugo
peza de madeira que une a xugada ó carro ou ó arado / From Wikipedia, the free encyclopedia
O xugo[1] é un apeiro agrícola que permite xunguir un ou, normalmente, dous animais de tiro a un carro ou outro instrumento que deba ser movido, coma o arado. Tradicionalmente están feitos de madeira de carballo, cerdeira, freixo ou outras madeiras resistentes abondo.
En Galiza utilízase para xunguir bois ou vacas, animais utilizados para o traballo do campo ata a aparición do tractor ou do camión. Noutras zonas emprégase tamén para xunguir bestas. A parella xunguida denomínase xunta ou xugada.