Xudite de Évreux, nada en Évreux en 1050 e finada en Palermo en 1080, foi a primeira condesa de Sicilia polo seu matrimonio con Roxerio I de Sicilia.[1]
Biografía | |
---|---|
Nacemento | c. 1040 Évreux, Francia |
Morte | 1076 (35/36 anos) Palermo, Italia |
Relixión | Catolicismo |
Outro | |
Título | Condesa consorte de Sicilia (1062–1076) |
Familia | Casa de Hauteville |
Cónxuxe | Roger I de Sicilia (1061–) |
Fillos | Adelisa de Sicilia, Matilde de Hauteville, Emma de Hauteville |
Pais | Guillerme de Évreux e Hadvise de Echauffour |
Irmáns | Roxerio Devereux de Norfolk Guillerme Devereux |
Xudite era filla de Guillerme de Évreux e Heloise de Nevers.[2] A lenda di que o nobre normando Roxerio de Hauteville, o futuro primeiro conde de Sicilia Roxerio I, namorouse dela cando a viu na Abadía de Saint-Wandrille de Fontenelle, do mosteiro beneditino a onde fora enviada canda a súa irmá Emma.
A voda tivo lugar en San Martino di Taurianova en 1061.
Hai pouca información acerca da primeira condesa de Sicilia, un país atormentado polas invasións musulmás. A miúdo aparece xunto ao seu marido, destacando pola súa valentía.
En 1080, pouco despois de que Roxerio zarpara de Sicilia para axudar ao seu irmán Roberto Guiscardo, Xudite morreu.
Do seu matrimonio co conde Roxerio de Sicilia naceron catro fillas:
- Flandina (morta c. 1094), que casou dúas veces: primeiro con Hugo de Circea, primeiro conde de Paternò, e despois con Henrique del Vasto, fillo de Manfredo del Vasto, e irmán de Adelaida del Vasto.
- Matilde (c. 1062 - 1094), casou en 1080 con Raimundo IV de Tolosa.
- Adelisa (morta c. 1096), casou en 1083 con Henrique, conde de Monte Sant'Angelo.
- Emma (c. 1070 - 1120), pedida en matrimonio por Filipe I de Francia, casou primeiro con Guillerme (ou Roberto), conde de Clermont e, en segundas nupcias con Rodolfo Macabeo, conde de Montescaglioso.
Predecesor: Ningunha |
Condesa de Sicilia 1072 - 1080 |
Sucesor: Eremburga de Mortain |
Wikiwand in your browser!
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.