From Wikipedia, the free encyclopedia
Xoán II Gran Comneno (en grego: Ιωάννης Β΄ Μέγας Κομνηνός, Iōánnēs II Mégas Komnēnós), nado aprox. en 1262 e finado o 16 de agosto de 1297, foi emperador de Trebisonda desde 1280 até 1297.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1262 Trebisonda, Turquía |
Morte | 16 de agosto de 1297 (34/35 anos) Imperio de Trebisonda |
Emperador de Trebisonda | |
1280 – 16 de marzo de 1297 ← Xurxo, emperador de Trebisonda – Aleixo II de Trebisonda → | |
Actividade | |
Ocupación | monarca |
Familia | |
Familia | Q3853907 e Dinastía Ducas-Comneno |
Cónxuxe | Eudóxia Paleóloga (1282 (Gregoriano)–) |
Fillos | Aleixo II de Trebisonda, Miguel de Trebisonda |
Pais | Manuel I de Trebisonda e Irene Siricaina |
Irmáns | Xurxo, emperador de Trebisonda Andrónico II de Trebisonda Teodora de Trebisonda |
Era o fillo máis novo do emperador Manuel I e a súa terceira esposa, Irene Siricaina, unha nobre trapisondesa[1]. Xoán sucedeu no trono ao seu irmán Xurxo que foi traizoado polos seus arcontes no monte de Taurezion.
Durante o seu reinado o título dos gobernantes de Trebisonda cambiou, até entón, eles reclamaban o título tradicional dos emperadores bizantinos, «Emperador e Autócrata dos Romanos», pero a partir de Xoán II cambiouse a «Emperador e Autócrata de todo o Oriente, Iberia, e as Provincias Transmariñas», aínda que Iberia se perdeu no reinado de Andrónico I Xidos[2].
Xoán é o primeiro gobernante de Trebisonda coñecido por ter máis que uns poucos incidentes e insinuacións, xa que existe información suficiente para compor unha narración relacionada coa primeira parte do seu reinado. A crónica de Miguel Panaretos, que adoita ser concisa e mesmo críptica, é relativamente completa no reinado de Xoán, e as fontes externas engaden máis detalles ao rexistro de Panaretos. O emperador Xoán II enfrontou moitos desafíos no seu goberno, que explica en parte o seu matrimonio coa filla do emperador bizantino Miguel VIII Paleólogo, Eudoxia Paleóloga.
Xoán chegou a Trebisonda o 25 de abril de 1282 coa súa esposa, e pouco despois atopouse con dúas ameazas. A primeira viña do seu irmán Xurxo, que volvera a Trebisonda, e tentou, sen éxito, recuperar o trono. A seguinte, da súa media irmá Teodora, que o depuxo en 1284, para gobernar por pouco tempo. Xoán foi reposto non máis tarde de 1285[3].
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.