![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/f/f7/Ben-Cho-Shey%252C_en_la_casa_familiar_de_Ourense%252C_en_1936.jpg/640px-Ben-Cho-Shey%252C_en_la_casa_familiar_de_Ourense%252C_en_1936.jpg&w=640&q=50)
Xosé Ramón Fernández-Oxea
escritor galego / From Wikipedia, the free encyclopedia
Xosé Ramón Fernández-Oxea, nado en Ourense o 5 de abril de 1896 e finado en Madrid o 2 de maio de 1988, foi un escritor, mestre e investigador galego tamén coñecido como Ben-Cho-Shey, Xan Fouciño e Raimundo Antela,[1] un intelectual de obra poliédrica que abarca dialectoloxía, heráldica, arqueoloxía, etnografía, historia da arte e creación literaria. Colaborou con publicacións como O Tio Marcos d'a Portela, La Zarpa, Nós, A Nosa Terra, Lar, Opinión Gallega, Eufonía, La Temporada en Mondariz, Faro de Vigo, La Noche, Vieiros, Boletín de la Real Academia Gallega, Cuadernos de Estudios Gallegos, El Museo de Pontevedra e Chan. Foi membro das Irmandades da Fala, o Seminario de Estudos Galegos e o Partido Galeguista. En 1986 foi galardoado coa Medalla Castelao.
![]() ![]() | |
Nome orixinal | (gl) Xosé ![]() |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 5 de abril de 1896 ![]() Ourense, España ![]() |
Morte | 2 de maio de 1988 ![]() Madrid, España ![]() |
Lugar de sepultura | Cemiterio de San Francisco de Ourense ![]() |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España ![]() |
Relixión | Catolicismo ![]() |
Actividade | |
Ocupación | mestre ![]() |
Empregador | Irmandades da Fala Seminario de Estudos Galegos Partido Galeguista |
Partido político | Partido Galeguista ![]() |
Membro de | |
Xénero artístico | ensaio, poesía, narrativa |
Lingua | Lingua galega e lingua castelá ![]() |
Familia![]() | |
Cónxuxe | Isabel Algarra Díaz |
Fillos | María Isabel Ramón Algarra |
Pai | Pío Ramón Ojea ![]() |
Premios
| |
![]() ![]() ![]() |