escritor galego From Wikipedia, the free encyclopedia
Xosé Antonio Neira Cruz, nado en Santiago de Compostela o 2 de febreiro de 1968, é un escritor galego.[1]
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 2 de febreiro de 1968 (56 anos) Santiago de Compostela, España |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela |
Actividade | |
Ocupación | escritor, xornalista, profesor universitario |
Obra | |
Obras destacables
| |
Premios | |
| |
É licenciado en Filoloxía italiana e en Ciencias da Información (sección de Xornalismo) na Universidade de Santiago de Compostela, doutor coa tese Prensa infantil e escolar en Galicia (2001, dirixida por Xosé López García) e tamén doutor coa tese Los albores de la crónica periodística las crónicas del viaje por España y Portugal de Cosimo III de' Medici (2015, (dirixida por María Isabel González Fernández).[2] É mestrado en Dereito Premial.[3]
Foi redactor da revista Tempos e, ademais de colaborar en diversas publicacións periódicas, dirixiu a revista de literatura infantil e xuvenil Fadamorgana. Escribiu tamén guións para diversos programas de radio e Televisión de Galicia.
Foi o responsable das coleccións Sete Mares, Árbore e Costa Oeste da editorial Galaxia e en 2012 foi profesor de Xornalismo na USC. Foi nomeado Coordinador da Comisión de desenvolvemento de proxectos do IBBY, membro do Xurado do Premio do IBBY Asahi Reading Promotion así como integrante do Comité Organizador do 28º Congreso desta organización internacional.[4]
Unha parte importante da súa produción diríxese aos lectores máis novos: Melanio e os paxaros (Sotelo Blanco, 1990; revisado para a súa publicación na Serie Branca da Colección O Barco de Vapor dez anos despois); As porcas porquiñas, con ilustracións de Noemí López; María está a pinta-lo mar, historia dunha nena chea de ilusión disposta a vencer a súa enfermidade coa imaxinación; A memoria das árbores, que inaugura a colección Sondeconto. A recuperación da literatura popular está presente en O home máis rico do mundo, A caixa do tesouro e mais en O xenio do sultán.[5][6]
O seu traballo divulgador da tradición literaria galega comezou en tres edicións do Tren Caixa Galicia, organizado pola Biblioteca "Nova 33", coas biografías de Rosalía, Castelao, Paio Gómez Chariño (reeditados como volumes independentes por Edicións Xerais na colección "Así viviu", que incorpora unha biografía de Ánxel Fole). En 1998, con motivo do Día das Letras Galegas dedicado a Mendiño, Martín Codax e Xoán de Cangas publicou nunha edición institucional para primeiros lectores senllas lúdicas introducións ao tempo e obra dos xograres: Rumbo á Illa de S. Simón (Mendiño), Caramelos Martín Codax e Xograr Cangas e asociados.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.