From Wikipedia, the free encyclopedia
Xogo real de Ur é a denominación que se deu a dúas pezas arqueolóxicas, interpretadas como xogos de mesa ou de taboleiro, atopadas nas tumbas reais de Ur por Sir Leonard Woolley na década de 1920. unha delas exhíbese no Museo Británico (Londres).[1]
Xogo real de Ur | |
Un dos 5 taboleiros atopados por Sir Leonard Woolley. | |
Data | -2600 |
Descuberta | |
Localización | Ur |
Descubridor/a | Leonard Woolley |
Data | Década de 1920 |
Conservación | |
Localización | Museo Británico |
Son dúas táboas con incrustacións de taracea, que se datan na Primeira Dinastía de Ur, antes do 2600 a. C., o que as converte nun dos exemplos máis antigos deste tipo de obxectos, xunto co antigo xogo exipcio chamado Senet (do que existen rexistros posiblemente anteriores ao século XXXIII a. C.) ou as 60 pezas achadas en Shahr-i Sokhta (Irán, datado fai cinco mil anos). [Cómpre referencia]
No xogo real de Ur participaban por dous xogadores, cada un con sete fichas (negras e brancas, como nas damas ou o xadrez), e usábanse tres dados tetraédricos. As regras do xogo son descoñecidas pero hai unha posible reconstrución do modo de xogo baseado nunha taboíña de arxila con escritura cuneiforme de orixe babilónico do 177-176 a. C.; e que permite supor que, como o Senet, era un xogo "de carreiras" ou "persecución", similar aos actuais parchís, backgammon ou o xogo da oca.
unha versión do xogo esgrafiada sobre unha parede foi recentemente descuberta nunha das portas custodiadas por figuras de Lamasu (touros alados con cabeza humana) do palacio de Sargón II (721-705 a. C.) en Khorsabad, agora no Museo Británico. Xogos similares foron descubertos noutras esculturas doutros museos.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.