militar francés From Wikipedia, the free encyclopedia
Xoán V da Bretaña[1] tamén coñecido como Xoán V ou VI o Anglófilo, O Sabio ou O Prudente, nado o 24 de decembro de 1389 no castelo de l'Hermine en Vannes e finado o 29 de agosto de 1442 no Manoir de la Touche preto de Nantes. Foi o terceiro fillo, o primeiro varón, do duque Xoán IV da Bretaña e da súa terceira esposa Xoana de Navarra. Á morte do seu pai, o 9 de novembro de 1399, converteuse en duque da Bretaña. Chamou ao valenciano Vicente Ferrer para predicar no ducado e no seu goberno publicáronse algúns escritos en lingua bretoa.
Nome orixinal | (fr) Jean V de Bretagne |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 24 de decembro de 1389 Vannes, Francia |
Morte | 29 de agosto de 1442 (52 anos) Nantes, Francia |
Lugar de sepultura | Tréguier Cathedral (en) |
Relixión | Cristianismo |
Actividade | |
Ocupación | militar |
Carreira militar | |
Conflito | Guerra dos Cen Anos |
Outro | |
Título | Duque |
Familia | Montfort of Brittany (en) |
Cónxuxe | Joana de França (1396 (Gregoriano)–) |
Fillos | Isabela da Bretanha, Francisco I da Bretaña, Pedro II da Bretaña, Gilles da Bretanha |
Pais | Xoán IV da Bretaña e Joana de Navarra |
Irmáns | Maria da Bretanha Margarida da Bretanha Branca da Bretanha Ricardo de Étampes Artur III da Bretaña |
Premios | |
Converteuse en duque aos dez anos de idade baixo a tutela do duque de Borgoña, Filipe II o intrépido, que arrasou Jersey e Guernesey. Reconciliouse co rei de Francia Carlos VI de Francia, que casara cunha filla. Tamén se reconciliou con Olivier de Clisson, o inimigo do seu pai. En 1404, derrotou aos ingleses preto de Brest. Loitou contra Clisson e estaba a piques de cercalo cando morreu. Aliado dos franceses contra os ingleses ao final da Guerra dos Cen Anos, chegou a Azincourt despois da batalla, o que non obstante lle permitiu recuperar ao pouco a cidade de Saint-Malo (daquela anexionada ao reino), tal como prevía a súa alianza co rei de Francia. Despois levou unha política de báscula entre os dous partidos, inglés e francés: asinou o tratado de Troyes, que desposuía a Carlos VII de Francia, pero autorizaba ao seu irmán Artur III da Bretaña, condestábel de Richemont (Richmond) a loitar baixo a súa bandeira. Henrique V de Inglaterra prendeu a Artur de Richemont durante sete anos de prisión: o seu nome mítico foi sempre temido polos reis de Inglaterra.
Fixo a paz cos condes de Penthièvre, pero estes non renunciaran a reinar sobre a Bretaña. Convidado a unha festa que daban en Champtoceaux en 1420, asistiu e foi apresado baixo a orde de Margarida de Clisson (condesa viúva de Penthièvre), detido e ameazado de morte. Este secuestro sen precedentes conmoveu aos príncipes europeos, pero non provocou intervención ningunha do tribunal de Francia. Pero a acción da súa muller, a duquesa Xoana de Francia (1391-1433) (ou Xoana de Valois), duquesa da Bretaña e dos baróns bretóns permitiulle recuperar a liberdade. Como resultado desta liberación, a ciudadela de Champtoceaux foi destruída totalmente; Xoán V quixo que todas as paredes da súa prisión fosen destruídas ata os alicerces. Loitou contra Xoán II de Alençon e cercou Puancé en 1432. Artur de Richemont, o seu irmán, que o acompañaba, convenceuno para facer a paz.
Descríbese como o máis fermoso príncipe do seu tempo e magnífico na súa vestimenta, nos seus mobles e na súa cociña. Unha estatua súa de madeira policromada pode verse na capela de Saint-Fiacre en Faouët.
Casou en París o 19 de setembro de 1396 con Xoana de Francia (1391 - 1433), filla de Carlos VI de Francia, de quen tivo:
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.