From Wikipedia, the free encyclopedia
Xoán IV da Bretaña [1] coñecido tamén co nome Xoán o conquistador ou Xoán o Vello (en bretón Yann IV), nado en 1339 e finado o 9 de novembro de 1399 en Nantes, foi o primeiro fillo de Xoán II de Montfort e de Xoana de Flandres e duque da Bretaña. Á morte do seu pai en 1345, durante a guerra de sucesión, converteuse en Conde de Richmond e Montfort así como en duque pretendente da Bretaña en competencia con Carlos de Blois, o marido de Xoana de Penthièvre, ata 1364. Despois da vitoria final do partido anglo-bretón sobre o partido de Blois en 1364 na batalla de Auray, foi recoñecido polo Tratado de Guérande asinado o 12 de abril de 1365 como único duque da Bretaña.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1339 Ducado da Bretaña, Reino de Francia |
Morte | 1 de novembro de 1399 (59/60 anos) Nantes, Francia |
Lugar de sepultura | Catedral de Nantes |
Actividade | |
Ocupación | monarca |
Outro | |
Título | Conde de Richmond (1372–1393) Duque da Bretaña (1365–1399) Count of Montfort (en) (1345–1399) |
Familia | Montfort of Brittany (en) |
Cónxuxe | Joana de Navarra (1386 (Gregoriano), 1386 (Gregoriano)–1399 (Gregoriano)) Joan Holland, Duchess of Brittany (1366–1384) Maria de Waltham (1355, 1361 (Gregoriano)–1361) |
Fillos | Jeanne de Bretagne () Joana de Navarra Q55257628 () Joana de Navarra Xoán V da Bretaña () Joana de Navarra Maria da Bretanha () Joana de Navarra Margarida da Bretanha () Joana de Navarra Artur III da Bretaña () Joana de Navarra Q55257931 () Joana de Navarra Ricardo de Étampes () Joana de Navarra Branca da Bretanha () Joana de Navarra |
Pais | Xoán II de Montfort e Xoana de Flandres |
Irmáns | Joan of Brittany, Baroness of Drayton |
O seu pai morreu en plena loita contra Carlos de Blois durante a Guerra de Sucesión bretoa en 1345, cando Xoán tiña só seis anos. Foi a súa nai, Xoana de Flandres, quen continuou a guerra, con varios éxitos. Xoán comezou a participar nas operacións militares en 1357. En 1364, estaba cercando Auray cando soubo que Carlos de Blois se preparaba para o atacar. Asistido polos reforzos enviados polo príncipe negro, esmagou o exército inimigo e matou o seu rival Carlos de Blois na batalla de Auray. Negociou coa duquesa Xoana de Penthièvre, viúva de Carlos de Blois, o primeiro tratado de Guérande en 1365, que o recoñecía como único duque da Bretaña.
Pasara moitos anos no exilio en Inglaterra durante a Guerra de Sucesión que non fora quen de gañar máis que coa axuda de tropas inglesas e foi un aliado de Inglaterra. Casara cunha irmá e logo cunha filla do príncipe negro e tivo que confiar ou confirmar a varios capitáns e señores ingleses o control de lugares fortes e os seus arredores (como Brest). Ante a desconfianza da súa nobreza que lle reprochaba a presenza destas tropas e de arrogantes señores británicos no seu círculo e do seu goberno, foi atacado polo rei de Francia Carlos V sen que a nobreza bretoa quixese defendelo . Despois tivo que embarcarse para un novo exilio en Inglaterra.
Carlos V confiscou o ducado en 1378 e intentou unilo á coroa sen ter en conta os dereitos de Xoán IV nin os da anterior duquesa Xoana de Penthièvre e dos seus fillos. A nobreza bretoa rebelouse contra isto, coa mesma Xoana á cabeza, chamou a Xoán IV que desembarcou en Dinard e retomou o control do ducado. Este regreso triunfante do duque da Bretaña á súa terra é o tema da canción tradicional An alarc'h ("O cisne" en bretón), que foi recuperada por diferentes artistas contemporáneos como símbolo da independencia bretoa (especialmente Gilles Servat).
Reconciliado con Carlos VI de Francia, gobernou pacificamente o seu ducado, pero tivo que se enfrontarse á rebelión de Olivier de Clisson. Conseguiu con dificultade recomprarlles a praza de Brest en 1397 aos ingleses, que seguían a ocupando indebidamente.
Morreu en 1399.
Primeiro o duque contraeu dous matrimonios sen descendencia. En xullo de 1355, casou en primeiras nupcias en Londres con María de Inglaterra (1344-1362), filla de Eduardo III de Inglaterra e de Filipa de Hainaut. Catro anos despois da morte de María en maio de 1366, casou na mesma cidade con Xoana Holland (1350-1384), filla de Tomé Holland e Xoana de Kent, condesa de Kent.
O 11 de setembro de 1386, dous anos despois da morte de Xoana Holland, casou en terceiras nupcias en Guérande con Xoana de Navarra (1370 - 1437), filla de Carlos II de Navarra e Xoana de Francia. Desta unión naceron:
Guido XII de Laval foi o administrador do patrimonio dos menores á morte de Xoán IV.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.