![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/6/6f/Xiomara_Castro_2022_%2528cropped%2529.jpg/640px-Xiomara_Castro_2022_%2528cropped%2529.jpg&w=640&q=50)
Xiomara Castro
presidenta de Honduras / From Wikipedia, the free encyclopedia
Iris Xiomara Castro Sarmiento,[1] nada en Tegucigalpa o 30 de setembro de 1959, é unha política hondureña e a 56ª presidenta de Honduras.[2] Tomou oficialmente o seu cargo o 27 de xaneiro de 2022.[3][4] É a primeira muller presidenta do país, así como o primeiro presidente que non é membro nin do Partido Liberal nin do Partido Nacional dende que se restableceu a democracia en 1982.[5]
![]() (2022) ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (mul) Iris Xiomara Castro Sarmiento ![]() 30 de setembro de 1959 ![]() Tegucigalpa (Honduras) ![]() |
![]() | |
27 de xaneiro de 2022 – ← Juan Orlando Hernández | |
Primeira-dama das Honduras (pt) ![]() | |
27 de xaneiro de 2006 – 28 de xuño de 2009 ← Aguas Santas Ocaña Navarro (pt) ![]() ![]() ![]() | |
Datos persoais | |
Residencia | Tegucigalpa Catacamas (pt) ![]() ![]() |
País de nacionalidade | Honduras ![]() |
Altura | 163 cm ![]() |
Actividade | |
Ocupación | política , woman manager (en) ![]() ![]() |
Partido político | Partido Liberdade e Refundação (pt) ![]() Partido Liberal de Honduras (pt) ![]() ![]() |
Lingua | Lingua castelá ![]() |
Familia![]() | |
Cónxuxe | Manuel Zelaya (1976–) |
Fillos | Xiomara Zelaya (pt) ![]() ![]() ![]() |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
Castro representou ao Partido Liberdade e Refundación de esquerdas nas eleccións xerais hondureñas de 2013, 2017 e 2021, presentándose como candidata do partido á presidencia de Honduras en 2013 e 2021 e á vicepresidenta de Honduras en 2017, como compañeira de fórmula de Salvador Nasralla. Como antiga primeira dama do país, foi líder do movemento que resistiu o golpe de estado de 2009 contra o seu marido Manuel Zelaya, que foi o presidente entre 2006 e 2009. Castro foi elixida presidenta de Honduras nas eleccións xerais hondureñas de 2021.[3][4]