lugar da parroquia de Bóveda, no concello de Lugo From Wikipedia, the free encyclopedia
Xesús de Nazaret é un lugar da parroquia de Bóveda no concello lugués de Lugo na comarca de Lugo.
Xesús de Nazaret | |
---|---|
Parroquia | Bóveda |
Concello | Lugo |
Coordenadas | 43°00′48″N 7°30′42″O |
[ editar datos en Wikidata ] |
O lugar naceu a finais de 1973 como un poboado de chabolas en terreos municipais para albergar as persoas xitanas que a finais da década de 1950 chegaran á cidade de Lugo e comezaran a asentarse en Fingoi.[1] O lugar coñecíase en orixe como poboado do Carqueixo pola proximidade a esoutra aldea.[2][3] O concello construíu vivendas e urbanizou o lugar, que pasou a nomearse como Nazaret en referencia á vila de Nazaret, onde segundo a tradición pasou a súa infancia Cristo. Na década de 1980 construíuse unha escola.
En decembro de 2003 vivían alí 225 persoas.[4] As vivendas derrubáronse anos despois, e a poboación foi realoxada en diferentes lugares da cidade de Lugo,[5] se ben o lugar seguiu a ser habitado.[6]
Lugares da parroquia de Bóveda no concello de Lugo (Lugo) | |
---|---|
Abeledo | Barbaín | Bóveda | Buratai | O Carqueixo | O Castro de Bóveda | Coeo | Farxocos | Luxilde | Malle | Xesús de Nazaret |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.