Xerba
From Wikipedia, the free encyclopedia
Xerba (en galego[1]), Djerba ou Jerba (en francés) ou Yerba (en castelán) (جربة en árabe) é unha illa do norte de África pertencente a Tunisia, de 514 km² de superficie. Está situada no golfo de Gabes, fronte ás costas dese país norteafricano. Trátase da maior illa do norte de África. A súa cidade máis importante é Houm Souk -Souk significa zoco ou mercado-, destino turístico que conta con ruínas da dinastía aglabí. Unha cantidade non desprezable de turistas, chegan a Xerba por ser o escenario da rodaxe de Star Wars, concretamente do desértico planeta Tatooine, niño de piratas e contrabandistas.
Datos rápidos Situación, País ...
Xerba | |
---|---|
Localización da illa | |
Mapa da illa | |
Situación | |
País | Tunisia |
Mar | Mar Mediterráneo |
Coordenadas | 33°47′00″N 10°53′00″L |
Xeografía | |
Xeoloxía | Illa continental |
Superficie | 514 km² |
Longura máxima | 25 km. |
Largura máxima | 20 km. |
Perímetro | 150 km. |
Punto máis alto | 53 m. Dhahret Guellala |
Distancia a terra | 2 km. |
Demografía | |
Capital | Houmt Souk |
Poboación | 163 726 hab. (2014) |
Densidade | 318´53 hab./km² |
Pechar
Tiña unha poboación de 139.544 no Censo de 2004, mentres que a última estimación oficial (ao 1 de xullo de 2014) é de 163.726.