Xardín de São Pedro de Alcântara
xardín en Lisboa From Wikipedia, the free encyclopedia
xardín en Lisboa From Wikipedia, the free encyclopedia
O xardín de São Pedro de Alcântara é un xardín situado en Lisboa, na freguesía da Misericórdia. Foi construído en 1864, en dous socalcos.[1]
O proxecto orixinal remóntase ao século XVIII, cando o rei Xoán V de Portugal mandou construír unha muralla con 20 metros de altura nos terreos de São Pedro de Alcântara con vista a crear unha "Nai de Auga" – un depósito monumental que prolongaría o acueduto das das Augas Livres até á Graça. No entanto, o terremoto de 1755 impuxo outras prioridades e os terreos pasaron a servir de vertedoiro de animais mortos que eran lanzados da muralla para abaixo.
Só en 1830, hai a primeira tentativa de usar o baldío por parte da Garda Real da Policía que, tendo o cuartel moi próximo, fixo do espazo a súa “horta”. Só cinco anos máis tarde o concello de Lisboa, trala vitoria do liberalismo e da recuperación dos poderes executivos, converteu o espazo nun xardín público.
Ten unha área de 0,6 ha.[2] Sitúase na Rúa de São Pedro de Alcântara, preto do Bairro Alto. O xardín ten un pequeno lago e un miradoiro, que ofrece unha impoñente vista da zona leste de Lisboa, albiscándose parte da zona Baixa de Lisboa e da marxe sur do río Texo.
Existe un mapa feito de azulexos xunto á balaustrada, que axuda a identificar algúns lugares de Lisboa. O panorama esténdese desde as murallas do castelo de San Xurxo rodeado polas árbores e a catedral de Lisboa (século XII), até á igrexa da Penha de França do século XVIII, ao noroeste. Tamén é visíbel o grande complexo da igrexa da Graça, mentres que a freguesía de São Vicente de Fora é recoñecíbel polas torres simétricas arredor da fachada branca.
Para chegar até ao miradoiro pódese optar por subir a calzada da Gloria ou entón subir polo ascensor da Gloria. No xardín, o monumento de autoría de Costa Motta (tío), erguido en 1904, representa a Eduardo Coelho, fundador do xornal portugués Diário de Notícias.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.