From Wikipedia, the free encyclopedia
Xacobe I de Escocia (en inglés: James). Nado en Dunfermline o 25 de xullo de 1394 e finado en Perth o 21 de febreiro de 1437. Rei de Escocia entre 1406 e 1437.
Xacobe foi fillo de Roberto III e Anabella Drummond. Tivo unha infancia axitada. En 1402 o seu irmán máis vello, David, morreu de fame na prisión de Falkland en Fife. Antes da morte do seu pai (Roberto III), en 1406, Xacobe foi enviado a Francia para a súa seguridade[1].
No camiño, os ingleses capturárono e foi levado ante Henrique IV de Inglaterra quen o fixo o seu prisioneiro e pediu un rescate. O imán do rei escocés Roberto Estuardo asegurou a liberación do seu fillo, Murdoch, quen foi capturado ao mesmo tempo que Xacobe, mais non a deste. Durante 18 anos, Xacobe foi prisioneiro e educado no castelo Windsor e en varios poboados preto de Londres.
Durante o cativerio Xacobe escribiu The Kingis Quair, unha das mellores obras temperás da literatura escocesa.
Tras a morte do seu tío en 1420, o rescate de £40,000 foi finalmente pagado, e en 1424 Xacobe regresou a Escocia para atopar un país en caos. Levou a súa esposa con el -casara con Xuana Beaufort mentres era prisioneiro en Londres o 2 de febreiro de 1423. Tiveron oito fillos:
Xacobe foi formalemente coroado Rei de Escocia na abadía de Scone, Pertshire, o 2 (ou 21) de maio de 1424. Inmediatamente tomou fortes accións para rexenerar a autoridade e o control. Unha de tales acciones foi a execución da familia Albany, quen opuxerase as súas accións. A execución de Murdoch, e dous dos seus fillos tiveron lugar o 24 de maio de 1425, no castelo Hill, Stirling.
Reinou con man dura sobre o país e logrou numerosas reformas financeiras e legais.
As súas accións en todas partes do seu reinado, aínda que eficaces, molestaron a moitas persoas. Durante os anos posteriores do seu reinado, os seus opositores traballaron para derrocalo[2].
Foi asasinado en Perth, no marco dunha conspiración nobiliaria.
Predecesor: Roberto III |
Rei de Escocia 1406 - 1437 |
Sucesor: Xacobe II |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.