![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/a/a2/Albrecht_D%25C3%25BCrer_-_Adam_and_Eve_%2528Prado%2529_2.jpg/640px-Albrecht_D%25C3%25BCrer_-_Adam_and_Eve_%2528Prado%2529_2.jpg&w=640&q=50)
Xénese
primeiro libro da Biblia / From Wikipedia, the free encyclopedia
O libro da Xénese, (do grego Γένεσις, "nacemento, creación, orixe", en hebreo תּוֹלֵדוֹת, "xeración", que prefire como título בְּרֵאשִׁית, Bereshit, "no principio"). É o primeiro libro da tora ("A Lei"), e tamén o primeiro libro do Tanak, a biblia hebrea (coñecida polos cristiáns como o Antigo Testamento). Fai parte dos primeiros cinco libros (Pentateuco), xunto con Éxodo, Levítico, Números e Deuteronomio, cuxa autoría é, tradicionalmente, atribuída a Moisés.
Tentación e expulsión de Adán e Eva do Paraíso, Catedral de Ourense. |
![Thumb image](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/a/a2/Albrecht_D%C3%BCrer_-_Adam_and_Eve_%28Prado%29_2.jpg/640px-Albrecht_D%C3%BCrer_-_Adam_and_Eve_%28Prado%29_2.jpg)
Narra acontecementos, desde a creación do mundo, na perspectiva xudaica (o chamado "relato da Xénese"), pasando polos Patriarcas, ata á fixación deste pobo no Exipto, despois da historia de Xosé.
A tradición xudía considera que o seu autor foi Moisés.