Without a Sound
From Wikipedia, the free encyclopedia
Without a Sound é o sexto álbum de estudio da banda estadounidense de rock alternativo Dinosaur Jr, editado o 23 de agosto de 1994. Foi o primeiro álbum da banda que non contou con Murph na batería, que foi substituído polo vocalista e guitarrista J Mascis. Trátase tamén do seu álbum máis exitoso, acadando o número 44 da lista Billboard 200.[1] "Feel the Pain" foi o único sinxelo lanzado do álbum, e chegou ao número 4 da Billboard Modern Rock Tracks, converténdose nun dos seus maiores éxitos.
Datos rápidos Without a Sound, Álbum de Dinosaur Jr ...
Without a Sound | ||||
---|---|---|---|---|
Álbum de Dinosaur Jr | ||||
Publicado | 23 de agosto de 1994 | |||
Duración | 45:42 | |||
Xénero(s) | rock alternativo | |||
Selo(s) | Blanco y Negro/Sire | |||
Producido por | J Mascis | |||
Cronoloxía | ||||
| ||||
Pechar