Windows 10
sistema operativo da Microsoft publicado en 2014 / From Wikipedia, the free encyclopedia
Windows 10 é o último sistema operativo desenvolvido por Microsoft como parte da familia de sistemas operativos Windows NT.[1] Foi dado a coñecer oficialmente en setembro de 2014, seguido por unha breve presentación de demostración no Build 2014. Entrou en fase beta de proba en outubro de 2014 e foi lanzado ao público en xeral o 29 de xullo de 2015.[2] Para animar á súa adopción, Microsoft anunciou a súa dispoñibilidade gratuíta por un ano desde a súa data de lanzamento para os usuarios que conten con copias xenuínas de Windows 7 Service Pack 1 ou Windows 8.1 Update. En xuño de 2015 habilitouse unha ferramenta que permite reservar esta actualización, e que notifica a cada usuario o momento no que estará lista a descarga da actualización para o seu dispositivo.[3] Os participantes do programa Windows Insider poden recibir unha licenza de Windows 10, pero con certas condicións.[4]
![]() | Este artigo (ou sección) está desactualizado(a). A información fornecida mudou ou é insuficiente. |
Windows 10 | |
---|---|
![]() | |
Desenvolvedor | Microsoft |
Lanzamento | 21 de xullo de 2015 |
En galego | Si |
Licenza | Trialware, Microsoft Software Assurance, MSDN subscription, Microsoft Imagine |
Estado actual | En desenvolvemento |
Precedido por | Windows 8.1 |
Sitio web | windows.microsoft.com |
Esta edición introduciu unha arquitectura de aplicacións «universais». Desenvolvidas coa interface Modern UI, estas aplicacións poden ser deseñadas para executarse en todas as familias de produtos de Microsoft cun código case idéntico (incluíndo computadoras persoais, tabletas, teléfonos intelixentes, sistemas embebidos, Xbox One, Surface Hub e HoloLens. A interface de usuario foi revisada para realizar transicións entre unha interface orientada ao rato e unha interface orientada á pantalla táctil baseadas en dispositivos de entrada dispoñibles (particularmente en tabletas). Ambas as interfaces inclúen un menú Inicio actualizado que comprende un deseño similar a Windows 7 coas baldosas de Windows 8. Tamén se introduce a Vista de Tarefas, un sistema de escritorio virtual, o navegador web Microsoft Edge e outras aplicacións novas ou actualizadas, un soporte integrado para iniciar sesión a través de pegada dixital ou recoñecemento facial, novas características de seguridade para contornas empresariais, DirectX 12 e WDDM 2.0 para mellorar as capacidades gráficas do sistema operativo para os videoxogos.
Microsoft describiu a Windows 10 tanto un sistema operativo como un servizo que pode recibir actualizacións en curso para as súas características e funcionalidades, ademais coa habilidade nas contornas empresariais para recibir actualizacións non críticas nun ritmo máis lento, ou un soporte a longo prazo que só recibe actualizacións críticas, tales como parches de seguridade, no curso de vida de cinco anos de soporte xeral. Terry Myerson, vicepresidente executivo de Windows and Devices Group de Windows, demostrou que a meta deste modelo foi reducir a fragmentación en toda a plataforma de Windows, como Microsoft pretendía ter Windows 10 instalado en polo menos mil millóns de dispositivos nos dous ou tres anos despois do seu lanzamento.[5]
Windows 10 recibiu valoracións xeralmente positivas no día do seu lanzamento. Os críticos eloxiaron a decisión de Microsoft de retirar a interface de usuario introducida por Windows 8 (incluíndo as aplicacións a pantalla completa e a pantalla Inicio) nunha contorna non táctil para proporcionar unha interface máis orientada ao escritorio na mesma liña das versións anteriores de Windows, aínda que a interface de usuario de orientación táctil foi criticada por conter regresións cara á interface de Windows 8.[6] Os críticos tamén eloxiaron as melloras para o software promocional de Windows 10 sobre 8.1, a integración de Xbox Live, así como a funcionalidade e capacidades de Cortana e a substitución de Internet Explorer por Microsoft Edge (aínda que o navegador foi criticado por atoparse aínda en estado de desenvolvemento).[7][8]
A maior parte da crítica caeu sobre as limitacións do usuario para controlar algunhas operacións. Neste caso, Windows Update instala todas as actualizacións automaticamente. Só en Windows 10 Pro se pode aprazar a súa instalación. Preocupacións pola privacidade tamén foron mencionadas por críticos e defensores ao ver que os axustes por defecto permiten o envío de información sobre o usuario a Microsoft e os seus socios.