From Wikipedia, the free encyclopedia
Wincenty Kluczyński, nado o 30 de setembro de 1847 en Šarkaŭščyna (hoxe en Belarús) e finado o 23 de febreiro de 1917 en Alupka (Crimea), foi un eclesiástico católico latino polaco, arcebispo de Mahilioŭ entre 1910 e 1914.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 30 de setembro de 1847 Šarkaŭščyna (en) |
Morte | 11 de febreiro de 1917 (69 anos) Alupka (pt) |
Lugar de sepultura | Catedral de Vilnius (pt) |
Arcebispo titular | |
22 de setembro de 1914 – Diocese: Philippopolis in Thracia (en) | |
Roman Catholic Archbishop of Mohilev (en) | |
29 de maio de 1910 – 22 de setembro de 1914 ← Apolinary Wnukowski – Eduard von der Ropp → | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Polonia Imperio Ruso |
Relixión | Igrexa católica |
Educación | Academia Teolóxica Imperial de San Petersburgo |
Actividade | |
Ocupación | bispo católico (1910–), sacerdote católico (1871–) |
Lingua | Lingua polaca |
Consagración | Casper Cyrtowt (en) |
Enaltecemento | |
Naceu o 30 de setembro de 1847 en Šarkaŭščyna, o maior dos tres fillos de Adolf Kluczyński e Franciszka Korsak. Cursou a súa educación en Daugavpils, e en 1865 entrou no seminario de Vilnius. En 1867 pasou á Academia Teolóxica Católica de San Petersburgo, onde se graduou en Teoloxía en 1871 e foi ordenado sacerdote o 30 de setembro do mesmo ano polo bispo de Samoxicia Motiejus Valančius. Posteriormente comezou a exercer de profesor no seminario de Vilnius.
Como confesor de Bronisława Stankowicz, comezou en 1889 co estabelecemento da Congregación das Irmás dos Anxos en Vilnius. O 7 de abril de 1910 foi nomeado arcebispo de Mahilioŭ, recibindo a consagración episcopal o 29 de maio de Gasparas Cirtautas, e tendo como co-consagrantes a Jan Cieplak e Stefan Denisewicz. Como arcebispo dunha diocese que abranguía case a totalidade de Rusia, sufriu o acoso das autoridades tsaristas. Dirixiu a diocese até que o papa Bieito XV aceptou a súa resignación o 22 de setembro de 1914, nomeándolle arcebispo titular de Philippopolis in Thracia. Até a súa morte permaneceu principalmente en Crimea, onde finou o 23 de febreiro de 1917. Logo do seu pasamento foi enterrado en San Petersburgo. En 1929 o seu corpo foi trasladado a Vilnius e enterrado na catedral o 17 de abril.
O bispo de Viciebsk Władysław Blin, por petición das Irmás dos Anxos comezou o proceso de beatificación de Kluczyński, nomeando como postulador ao mariano Adam Sikorski.[1]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.