filme de 1971 dirixido por Mel Stuart From Wikipedia, the free encyclopedia
Willy Wonka e a fábrica de chocolate (en inglés: Willy Wonka & the Chocolate Factory) é un filme estadounidense de 1971 dirixido por Mel Stuart. Está protagonizado por Gene Wilder, que intepreta o papel de Willy Wonka. Trátase dunha adaptación da novela Charlie e a fábrica de chocolate de Roald Dahl. Dahl foi acreditado como guionista do filme; porén, David Seltzer, que non aparece acreditado, foi contratado para refacer o guión contra os desexos de Dahl, facendo grandes cambios no final e engadindo os números musicais. Estes cambios, e outras decisións tomadas polo director, fixeron que Dahl renegase do filme.[4][5]
Willy Wonka e a fábrica de chocolate | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | Willy Wonka & the Chocolate Factory |
Director | Mel Stuart |
Produtor |
|
Guión | Roald Dahl |
Baseado en | Charlie e a fábrica de chocolate de Roald Dahl |
Intérpretes |
|
Música |
|
Fotografía | Arthur Ibbetson |
Montaxe | David Saxon |
Estudio | Wolper Pictures The Quaker Oats Company |
Distribuidora | Paramount Pictures |
Estrea | 30 de xuño de 1971 |
Duración | 99 minutos[1] |
Orixe | Estados Unidos[2] |
Xénero | Comedia |
Orzamento | $3 000 000[3] |
Recadación | $4 000 000[3] |
Na rede | |
|
Willy Wonka fai unha promoción en que quen atope un dos cinco billetes dourados poderá facer unha visita pola súa fábrica, pechada dende que Slagwoorth mandase espías a roubaren as súas receitas secretas. Todos queren entrar na fábrica e descubrir quen o axuda a facer o chocolate dende que pechou as portas e non deixou entrar ninguén máis.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.