Wikipedia en marathi
edición da Wikipedia en lingua marathi / From Wikipedia, the free encyclopedia
A Wikipedia en marathi (en marathi: मराठी विकिपीडिया) é a edición da enciclopedia libre Wikipedia en lingua marathi. Foi creada o 1 de maio de 2003. O proxecto é unha das versións máis destacadas entre as do sur de Asia en termos de calidade.[1] Atópase entre as páxinas web marathi máis visitadas, clasificándose no 2016 no posto número 10 de Alexa.[2]
Datos rápidos Tipo, Comercial ...
Wikipedia en marathi | |
---|---|
Logo da Wikipedia en marathi. | |
Portada da Wikipedia en marathi. | |
Tipo | enciclopedia en liña |
Comercial | Non |
Rexistro | Opcional |
Linguas | Marathi |
Licenza | Creative Commons Attribution-ShareAlike 3.0 . Non soportada Licenza de documentación libre de GNU |
Propietario | Wikimedia Foundation |
Lanzamento | 1 de maio de 2003 |
Na rede | |
https://mr.wikipedia.org/ | |
Pechar
Este artigo amosa letras indias. Sen o soporte axeitado, o texto pode mostrar símbolos sen sentido, coma caixas, marcas e outros. |
Esta versión da enciclopedia contén 96.627 artigos e 162.981 usuarios, dos cales 156 son activos.[3]