Wikilibros
colección de libros de texto, manuais e outros textos pedagóxicos de contido libre, que se escriben e editan colaborativamente / From Wikipedia, the free encyclopedia
Wikilibros (Wikibooks en inglés, tamén chamado Galilibros na versión en lingua galega) é un proxecto irmán de Wikipedia e parte da Fundación Wikimedia, que empezou o 10 de xullo de 2003. O proxecto é unha colección de libros de texto, manuais e outros textos pedagóxicos de contido libre, que se escriben e editan colaborativamente do mesmo xeito que Wikipedia.
Galilibros (Wikilibros) | |
---|---|
Ano de creación | 2003 |
En servizo desde | Proporcionar libros e manuais na web |
Tipo | Páxina wiki |
Estado | Activa |
Rexistrador | Jimmy Wales e a Fundación Wikimedia |
Web | https://gl.wikibooks.org/wiki/ |
[ editar datos en Wikidata ] |
O sitio traballa con tecnoloxía wiki, o que significa que cada usuario pode colaborar na escritura de calquera libro, facendo clic no enlace «Editar» que hai en cada páxina.[1]
O proxecto foi aberto en resposta ao wikipedista Karl Wick, que quería un lugar onde empezar a construír libros de contido aberto, como os de química orgánica e física para reducir o custo de comprar un mesmo materiais de estudo. Foi un dos fundadores do proxecto.[2]
Algúns dos primeiros libros foron creados e outros empezaron a ser copiados doutras fontes de libros de contido aberto en Internet.
Todo o contido do sitio está baixo a Licenza Creative Commons Atribución/Compartir-Igual. Debido a iso, do mesmo xeito que en Wikipedia, o contido pódese redistribuír mantendo a licenza e a atribución aos autores orixinais.