Wellington Regional Stadium
From Wikipedia, the free encyclopedia
O Wellington Regional Stadium (coñecido comercialmente como Sky Stadium mediante dereitos de nome), anteriormente coñecido como Westpac Stadium, é un estadio da cidade de Wellington (Nova Zelandia). Está adicado principalmente á práctica do rugby e do fútbol. Debido á súa forma, é coñecido coloquialmente como The Cake-Tin (Envoltorio de Pastel) noutras partes de Nova Zelandia, aínda que a xente da cidade o coñece simplemente como The Stadium (O Estadio). Os seareiros do equipo de fútbol Wellington Phoenix refírense ao campo como O Anel de Lume. Foi construído en 1999 por Fletcher Building,[3].
Sky Stadium Wellington Regional Stadium | |
---|---|
Datos | |
Coordenadas | 41°16′23″S 174°47′09″L |
Localización | Wellington, Nova Zelandia |
Construción | |
Inauguración | 3 de xaneiro do 2000 |
Arquitecto | Architecture Warren & Mahoney Ltd Populous |
Custo | $130 millóns NZD |
Estadio | |
Superficie | Céspede |
Dimensións | Lonxitude (norte a sur) 235 m Anchura (leste a oeste) 185 |
Capacidade | 36.000[1] |
Propietario | Wellington Regional Stadium Trust |
Localía | Hurricanes (Super Rugby) Wellington Lions (ITM Cup) Wellington Firebirds (NZC) Wellington Phoenix FC (A-League) University of Otago[2] |
Web | http://www.westpacstadium.co.nz/ e https://skystadium.co.nz/ |
Eventos | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Foi construído para substituír o antigo Athletic Park, que deixou de considerarse axeitado para eventos internacionais debido á súa localización e o seu estado de deterioración. Tamén foi construído para proporcionar un escenario de maior capacidade para eventos como o Día Internacional do Crícket.