Mitre 10 Cup
From Wikipedia, the free encyclopedia
A Mitre 10 Cup (anteriormente ITM Cup e Air NZ Cup por razóns de patrocinio) é o campionato profesional de rugby en Nova Zelandia. Antes de 2006 o seu nome era National Provincial Championship (NPC) e o seu formato non era profesional. O torneo conta con 14 equipos divididos en dúas divisións. Os equipos participantes son representativos das diversas rexións do país, polo tanto non é unha liga de clubs. A primeira edición da NPC tivo lugar no ano 1976.
Nome na lingua orixinal | (en) Mitre 10 Cup ![]() |
---|---|
Tipo | competición de rugby a 15 ![]() |
Organizador | New Zealand Rugby (en) ![]() ![]() |
Número de participantes | 14 ![]() |
Localización e Datas | |
País | Nova Zelandia ![]() |
Vixencia | 2006 – ![]() |
Calendario da tempada | agosto – ![]() |
Período de ocorrencia | 1 ano ![]() |
Outro | |
Páxina web oficial | provincial.rugby… ![]() |
No hemisferio Sur o calendario rugbístico está disposto de tal xeito que os campionatos nacionais de Suráfrica e Nova Zelandia non coincidan no tempo co potentísimo torneo do Super Rugby, composto por franquías de Australia, Suráfrica, Nova Zelandia, a Arxentina e o Xapón, de xeito que a Mitre 10 Cup poida ser un trampolín para que os xogadores máis salientables poidan ascender ó máximo nivel internacional nalgunha das cinco franquías neozelandesas.