O Heer é un termo referido ao exército[1] alemán. Durante a Segunda guerra mundial, uns 15 millóns de soldados serviron no exército alemán, dos cales morreron arredor duns 3 millóns.
Termo
Cando é referido ao período dende 1935 a 1945 é chamado Heer Wermacht e refírese exclusivamente ao exército de terra. Aínda que ás veces se identifica erroneamente á Wehrmacht como a sección do exército de terra, as forzas armadas alemás da Alemaña nazi eran chamadas Wehrmacht e tamén estaban formadas pola mariña (Kriegsmarine) e a forza aérea (Luftwaffe).
Termos relacionados
O Heer foi reformado na década de 1950 como o exército da República Federal de Alemá, como parte da Bundeswehr (forzas armadas federais).
O termo xenérico Heer (exército en lingua alemá) úsase tamén para falar do exército da República Democrática Alemá (Die Landstreitkräfte der Nationalen Volksarmee, LaSK), o exército austríaco (Bundesheer ou Österreichisches Bundesheer) e o exército suízo (Schweizer Armee).
En outubro de 1990, os exércitos da RFA e da RDA integráronse na nova forza militar da Alemaña reunificada baixo o nome de Bundeswehr. Actualmente está formado por uns 63.000 militares en activo. A Bundeswehr está formado polas Streitkräfte (forzas armadas) divididas nas tres Teilstreitkräften: Heer (exército de terra), Luftwaffe (forzas aéreas) e Marine (mariña).
Hannes Heer
Heer é tamén casualmente o apelido de Hans Georg Heer, máis coñecido como Hannes Heer, un historiador alemán nado en 1941 coñecido sobre todo por organizar a "Exposición Wehrmacht" (en alemán: Wehrmachtsausstellung) na década de 1990, nos primeiros anos da reunificación alemá. Moi polémica na época, hoxe en día é amplamente acreditada como a exposición que abriu os ollos do público alemán aos crimes de guerra cometidos pola Wehrmacht na fronte oriental durante a Segunda guerra mundial.[2]
Notas
Véxase tamén
Wikiwand in your browser!
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.