Water Island

From Wikipedia, the free encyclopedia

Water Island

Water Island é a cuarta e máis recentemente adquirida das Illas Virxes dos Estados Unidos, co status de Territorio Dependente dos Estados Unidos. Atópase situada no mar Caribe. Esta illa é de orixe volcánico e atópase a 1 km ao sur da illa de San Tomé. Está comunicada con San Tomé mediante un servizo de transbordador que parte de forma regular desde Crown Bay, San Tomé a Phillips Landing, Water Island; o percorrido en transbordador dura uns 10 minutos.

Datos rápidos Tipo, Parte de ...
Water Island
(en) Water Island
Thumb
Tipoilla
Parte deIllas de Barlovento
Antillas Menores
Situado na entidade xeográficaIllas Virxes
Localización
División administrativaWater Island, Estados Unidos de América (en) e Saint Thomas, Estados Unidos de América (en)
Thumb Thumb
 18°19′15″N 64°57′05″O
Bañado porMar Caribe
Características
Altitude38 m
Superficie1,989 km²
Actividade
PropietarioEast Asiatic Company (en)
Pechar

Cuns 2 km cadrados de extensión, Water Island é a máis pequena das Illas Virxes dos Estados Unidos. Administrativamente forma parte do subdistrito de San Tomé. Trátase dunha illa residencial, cunha poboación de 182 habitantes (censo do ano 2010), e ningún establecemento comercial significativo. Varias das casas de Water Island foron acomodadas para turistas e visitantes. As principais atraccións da illa son as praias, especialmente Honeymoon Beach (Praia da Lúa de Mel), as antigas plantacións e Fort Segarra, un forte subterráneo parcialmente construído polos Estados Unidos durante a segunda guerra mundial. O extremo norte da illa é unha comunidade privada, Sprat Bay Estates, estendida ata a praia de Sprat Bay. Todas as praias son de uso público.

Historia

Os primeiros habitantes coñecidos de Water Island eran indios tahínos, que vivían na illa durante o século XV. Water Island recibiu este nome dos exploradores europeos debido á existencia de varias fontes naturais de auga potable. Moitas illas das Antillas carecían de fontes, así que Water Island era unha escala frecuente para os piratas que desexaban encher os seus reservas de auga.

A Compañía danesa das Indias Occidentais e Guinea reclamara a propiedade da illa ao redor de 1769. Durante o século XVIII e principios do século XIX a illa era propiedade de varios negros liberados e mulatos que cultivaban algodón e criaban gando. En 1905 a illa foi vendida á Compañía Danesa das Indias Orientais e non foi vendida co resto das Indias Occidentais Danesas aos Estados Unidos en 1917.

En 1944 os Estados Unidos adquiriron Water Island para protexer a base de submarinos de San Tomé durante a segunda guerra mundial. Entre 1944 e 1950 a illa estivo baixo a supervisión do Departamento de Defensa estadounidense. A División de Guerra Química do Exército dos Estados Unidos adquiriu varios terreos de Water Island para probar armas químicas como o axente laranxa. En 1950 a illa pasou ao Departamento de Interior, que a alugou a varios residentes civís.

O control de Water Island foi transferido do goberno federal ao goberno territorial das Illas Virxes estadounidenses o 12 de decembro de 1996, converténdoa na "Última Virxe". A finais da década de 1990, o Departamento de Interior comezou a transferir as propiedades gobernamentais da illa aos residentes. No ano 2005 o goberno das Illas Virxes anunciou plans para o desenvolvemento de Water Island e incrementar a construción de vivendas para solucionar en parte a escaseza de terreo en San Tomé.

Notas

Ligazóns externas

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.